Museo Fitzwilliam
museo da Universidade de Cambridge From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Museo Fitzwilliam é o museo de arte e de antigüidades da Universidade de Cambridge. Sitúase na rúa Trumpington fronte á rúa Fitzwilliam, no distrito centro da cidade de Cambridge.[1]
O museo fundouse en 1816 por vontade de Richard Fitzwilliam, o sétimo vizconde Fitzwilliam (1745-1816), e converteuse nunha das mellores coleccións de antigüidades e de arte moderna de Europa Occidental.[1][2] Entre os máis de medio millón de obxectos e obras de arte dos seus fondos destacan pinturas de Monet, Picasso, Rubens, van Gogh, Rembrandt, Cézanne, Van Dyck e Canaletto.[3]
O Museo Fitzwilliam forma parte do Consorcio de Museos da Universidade de Cambridge.[4] A súa Visita é gratuíta.[5]
Remove ads
Establecemento e edificios

O museo fundouse en 1816 a partir do legado da biblioteca e da colección de arte particular de Richard Fitzwilliam, o sétimo vizconde de Fitzwilliam. Este legado levaba tamén emparellada a cantidade de 100.000 libras destinadas á construción dun museo que o albergara. Desde aquela, os fondos do museo chegaron a alcanzar os 500.000 artigos e a se converter nun dos grandes museos do Reino Unido.[1]
O primeiro destino da colección, antes da construción dun edificio ad hoc, foi o edificio da Perse School, situada en Free School Lane, e en 1842 foi trasladada ás Old Schools, ambas as localizacións no centro da cidade, na zona onde radican moitos dos edificios vinculados á Universidade de Cambridge.
O coñecido como o Edificio do Fundador (Founder's Building) levantouse no período 1837-1843, consonte os deseños do arquitecto George Basevi e completados polos de C. R. Cockerell. A primeira pedra foi colocada polo erudito inglés Gilbert Ainslie en 1837.[6] O museo abriu as súas portas na súa propia sede en 1848. Porén, o Palladian Entrance Hall, deseñado polo arquitecto Edward Middleton Barry, non foi completado ata 1875.
En 1912, o terratenente e coleccionista de arte Charles Brinsley Marlay realizou un novo e importantísimo legado á universidade, consistente en 80.000 libras e 84 cadros da súa colección privada.
En 1931 levouse a cabo unha nova ampliación do edificio ao sueste, consistente en dous novos andares, que correo a cargo da familia Courtauld, o que supuxo un notable incremento do espazo expositivo e tamén de novas instalacións para a investigación.[7]
Os edificios do museo están catalogados como de grao 1 polo Goberno do Reino Unido, que só se lles concesde aos edificios de interese excepcional.[8]
Remove ads
Coleccións

O museo estrutúrase en cinco departamentos: Antigüidades; Artes Aplicadas; Moedas e Medallas; Manuscritos Raros e Libros Impresos; e Pinturas, Debuxos e Gravados. En conxunto, abranguen antigüidades do Antigo Exipto, Nubia, Grecia e Roma, arte romano-exipcia, Oriente próximo e unha nova galería de arte chipriota.[9] Canto á natureza dos obxectos, pódense atopar artes aplicadas, como olaría e vidro británicos e europeos, moblaxe, reloxos, abanos, armaduras, obxectos decorativos chineses, coreanos e xaponeses, alfombras e bordados, moedas e medallas, manuscritos musicais e literarios, libros impresos raros, e unha importante colección de pinturas e debuxos con pezas mestras dos máis grandes artistas, desde o renacemento ao século XX.[3]
Entre as pezas máis sobranceiras na colección de antigüidades do museo encádrase un baixorrelevo de Persépole.[10]
Manuscritos musicais
Entre os manuscritos musicais que conserva o museo pódese salientar a maior colección coñecida de música isabelina do século XVI escrita para virxinal por algúns dos compositores máis salientables da época, como William Byrd, John Bull, Orlando Gibbons e Thomas Tallis.[11]
Antigo Exipto
As galerías do Antigo Exipto do Museo Fitzwilliam reabriron as súas portas en 2006 logo da execución dun programa de reformas no que se investiron 1,5 millóns de libras. A remodelación permitiu, entre outras cousas, a exposición pública de máis antigüidades que anteriormente estiveran almacenadas nos subterráneos do museo.[12]
Pintura

O Museo Fitzwilliam alberga unha ampla colección de pinturas e esbozos de autores tan recoñecidos como Monet, Picasso, Rubens, Vincent van Gogh, Cézanne, Degas, Rembrandt, Van Dyck, Canaletto ou Renoir. Tamén ten unha boa representación de obras de J. M. W. Turner, cuxa orixe está nun conxunto de 25 debuxos a acuarela doados á universidade por John Ruskin en 1861. A maiores, o director do museo naquel momento, Sydney Cockerell, adquiriu outras oito acuarelas de Turner e algúns dos seus escritos.[13][14]
Na colección do museo de pinturas prerrafaelitas figura unha versión de 1805 de The Last of England, de Ford Madox Brown, votada como a pintura máis grande de Gran Bretaña nunha enquisa de Radio 4 británica en 2005.[13][14]
Moitos dos artigos expostos no museo son préstamos por parte da Universidade de Cambridge, como é o caso dun importante conxunto de pinturas impresionistas propiedade do King's College, entre as que destacan A Abdución, de Cézanne, e un estudo previo de Un dimanche après-midi à l'Île de la Grande Jatt, de Georges Seurat.[13][14]
Por outra parte, moitas das obras propiedade do Museo Fitzwilliam foron doadas por exalumnos da Universidade de Cambridge. Por exemplo, o economista Maynard Keynes doou a súa colección persoal, que incluía a obra de Cézanne "Bodegón con mazás", que adquirira en 1918.[15]
Escola angloestadounidense
- Benjamin West (obras).
- John Constable (12 obras).
- John Hoppner (1 obra).
- J. M. W. Turner (1 obra).
Escola holandesa
- Aelbert Cuyp (1 obra).
- Gerrit Dou (3 obras).
- Frans Hals (1 obra).
- Meyndert Hobbema (2 obras).
- Adriaen van Ostade (2 obras).
- Rembrandt (1 obra).
- Jacob van Ruisdael (5 obras).
- Salomon van Ruysdael (1 obra).
- Jan Steen (3 obras).
- Adriaen van de Velde (1 obra).
- Willem van de Velde o Novo (1 obra).
- Jan Weenix (1 obras).
- Philip Wouwerman (2 obras).
Escola inglesa
- William Beechey (1 obra).
- William Blake (centos de obras)
- Thomas Gainsborough (8 obras).
- William Hogarth (9 obras).
- John Hoppner (1 obra).
- Godfrey Kneller (15 obras).
- Edwin Henry Landseer (1 obra).
- Thomas Lawrence (1 obra).
- Peter Lely (1 obra).
- Joshua Reynolds (4 pobras).
- Joseph Stannard (1 obra).
- George Stubbs (3 obras).
Escola flamenga
- Jan Brueghel o Vello (5 obras).
- Pieter Bruegel o Vello (1 obra).
- Frans Francken o Novo (1 obra).
- Jan Mabuse (1 obra).
- Peter Paul Rubens (14 obras).
- David Teniers o Novo (2 obras).
- Anton van Dyck (5 obras).
Escola francesa
- Eugène Delacroix (4 obras).
- François Boucher (1 obra).
- Jean-Baptiste-Camille Corot (3 obras).
- Edgar Degas (7 obras).
- Gaspard Dughet (3 obras).
- Paul Gauguin (1 obra).
- Claude Lorrain (1 obra).
- Jean-Baptiste Greuze (1 pobra).
- Jean-Étienne Liotard (2 obras).
- Claude Monet (4 obras).
- Camille Pissarro ( 6 obras).
- Nicolas Poussin (1 obra).
- Pierre-Auguste Renoir (11 obras).
- Théodore Rousseau (3 pobras).
- Georges-Pierre Seurat (1 obra).
- Jean-François de Troy (1 obra).
- Vincent van Gogh (1 obra).
Escola alemá
- Hans Holbein o Novo (2 obras).
Escola italiana
- Alessandro Allori (1 obra).
- Jacopo Bassano (2 obras).
- Canaletto (6 obras).
- Annibale e Ludovico Carracci (4 obras).
- Bernardo Daddi (1 obra).
- Carlo Dolci (3 obras).
- Domenichino (1 obra).
- Duccio di Buoninsegna (1 obra).
- Gentile da Fabriano (1 obra).
- Domenico Fetti (5 obras).
- Raffaellino del Garbo (1 obra).
- Lattanzio Gambara (8 obras).
- Luca Giordano (12 obras).
- Guercino (1 obra).
- Pietro Longhi (2 obras).
- Lorenzo Lotto (1 obra).
- Andrea Mantegna (9 obras).
- Parmigianino (32 obras).
- Palma il Vecchio (2 obras).
- Pietro Perugino (1 obra).
- Giambattista Pittoni (1 obra).
- Francesco Pesellino (1 obra).
- Rafael (8 obras).
- Raffaellino del Garbo (1 obra).
- Guido Reni (1 obra).
- Sebastiano Ricci (9 obras).
- Giulio Romano (6 obras).
- Andrea Sacchi (130 obras).
- Andrea del Sarto (2 obras).
- Zanobi Strozzi (1 obra).
- Tintoretto (5 obras).
- Tiziano (4 obras).
- Perin del Vaga (2 obras).
- Giorgio Vasari (1 obra).
- Paolo Veronese (3 obras).
- Antonio Verrio (1 pobra).
- Federico Zuccari ( 1 obra).
- Francesco Zuccarelli (27 obras).

Bronces de Michelangelo
En 2015, o Museo Fitzwilliam recibiu os coñecidos como Bronces de Rothschild, dúas estatuas de bronce que se crían da autoría do artista do Renacemento italiano Michelangelo. De ser certo, trataríase das únicas esculturas en bronce superviventes dese artista. O par de estatuas representa senllos homes espidos, aparentemente borrachos, montando sobre panteras. O historiador da arte Paul Joannides estableceu unha relación entre estas estatuas e un debuxo conservado no Museo Fabre, dun aprendiz de Michelangelo, que representa o mesmo tema e coa mesma pose.[16][17][18][19][20]
Departamento de Moedas e Medallas
O gabinete numismático do museo aborda as diversas perspectivas do diñeiro de todas as parte do mundo, desde a Antigüidade ata hoxe, así como as medallas, desde o seu nacemento durante o Renacemento. Ademais da súa importante colección, o departamento conta cunha biblioteca propia e cun centro de investigación e de ensino da numismática.[21]
Estes son os principais proxectos que o departamento está a desenvolver:
- Artigo principal: Sylloge of Coins of the British Isles.
- Artigo principal: Medieval European Coinage.

- Sylloge of Coins of the British Isles (SCBI). É un proxecto editorial en curso consistente na publicación progresiva de todas as coleccións numismáticas radicadas en museos e algunhas de titularidade privada correspondentes a moedas das illas británicas. Os catálogos desta serie amosan detalles concretos e ilustracións de cada exemplar. Todas as moedas anglosaxoas e normandas incluídas neste proxecto están recollidas na base de datos SCBI, con sede no propio departamento. O proxecto do Sylloge foi iniciado a principio da década de 1950 por Christopher Blunt (1904-1987) e outros membros da British Numismatic Society e da Royal Numismatic Society .[23][24]
- Medieval European Coinage (MEC). Trátase dun importante traballo internacional, de referencia para numismáticos, arqueólogos e historiadores medievais. A obra monumental resultante consta de máis de 20 volumes, publicados pola Cambridge Universty Press, que abranguen toda a moeda europea entre ca. 450 e ca. 1500, rexión por rexión, o que o converte en herdeiro do Traité de numismatique du moyen âge of Engel and Serrure, publicado entre 1891 e 1905. O MEC foi iniciado polos profesores Philip Grierson (1910-2006) e Mark Blackburn (1953-2011), este último como editor xeral.[25][26]
Remove ads
Incidentes
O 25 de xaneiro de 2006, un visitante tropezou e bateu contra tres floreiros chineses da dinastía Qing que estiveran en exposición pública desde 1948; as tres pezas acabaron totalmente estragadas.[27] Aínda que o home foi arrestado, retiráronselle os cargos polos danos causados. Os expertos en restauración do Museo Fitzwilliam puideron reconstruír os vasos de porcelana ata recuperaren a súa aparencia orixinal, ata o punto de que se colocaron novamente en exposición, protexidos por un vidro de seguranza.[28][29]
O 13 de abril de 2012 produciuse o roubo de 18 pezas de xade chinesas.[30] Os ladróns foron apreixados e condenados a penas de cárcere, e as pezas volveron á súa localización orixinal.[31][32]
Amigos do Museo Fitzwilliam
Fundada en 1909, a sociedade Amigos do Museo Fitzwilliam é a máis antiga de Gran Bretaña dedicada especificamente ao apoio e ao sostemento a longo prazo dun museo. A sociedade recadou fondos para a adquisición de obras de arte importantes e para acometer obras de renovación no museo. As súas prioridades nos últimos tempos céntranse na adquisición de obras contemporáneas salientables e o aseguramento dunha dotación económica estable ao museo para garantir a súa sostibilidade.[33]
A Princesa Alexandra de Kent é a presidenta da Fundación para o Desenvolvemento do Museo Fitzwilliam.[34][35]
Remove ads
Directores do museo

- Sidney Colvin (1876-1884).[36]
- Charles Walston (1883-1889)
- John Henry Middleton (1889-1892)
- Montague Rhodes James (1893-1908)[37]
- Sydney Cockerell (1908-1937)[38]
- L. C. G. Clarke (1937-1946)
- Carl Winter (1946-1966).[39]
- David Piper (1966-1973).[40]
- Michael Jaffé (1973-1990).[41]
- Simon Swynfen Jervis (1990-1995).[42]
- Duncan Robinson (1995-2007).[43]
- Timothy Potts (2007-2012).[44]
- Tim Knox (2012-2018).[45]
- Luke Syson (desde 2019).[46]
Remove ads
Galería de obras e obxectos
- Tarquinio e Luvredia, de Tiziano.
- Vista de L'Estaque, de Cézanne.
- Armas antigas.
- Libro de horas de Isabel de Escocia (S. XV).
- Moedas do tesouro de Cambridge.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

