Focus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Focus
Remove ads

Focus é unha banda neerlandesa de rock progresivo formada en Ámsterdam en 1969 polo teclista, vocalista e frautista Thijs van Leer, o batería Hans Cleuver, o baixista Martijn Dresden, e o guitarrista Jan Akkerman. A banda pasou por numerosas formacións durante a súa historia e dende decembro de 2016 está composta por Van Leer, o batería Pierre van der Linden, o guitarrista Menno Gootjes, e o baixista Udo Pannekeet. O grupo vendeu un millón de álbums certificados pola RIAA nos Estados Unidos.[1]

Datos rápidos Obra, Datas ...

Tras a adición de Akkerman ao trío de rock de Van Leer a finais de 1969, a banda pasou a chamarse Focus e inicialmente traballou para unha produción neerlandesa do musical Hair. O seu álbum de estrea, Focus Plays Focus (1970), conseguiu pouca atención, pero o seu seguinte traballo, Moving Waves (1971), e o seu sinxelo principal, "Hocus Pocus", conseguiron que o grupo fose recoñecido internacionalmente. O seu éxito continuou con Focus 3 (1972) e Hamburger Concerto (1974), contendo este último o seu segundo sinxelo exitoso, "Sylvia". Tras gravar dous álbums con varios artistas, como o guitarrista Phillip Catherine, o cantante P. J. Proby, e os baterías Colin Allen, David Kemper, e Steve Smith, Focus separouse en 1978. O grupo reuniuse brevemente en 1990 e 1997.

En 2002, Van Leer reformou Focus cunha nova formación con Van der Linden regresando ao grupo en 2004. Os álbums Focus 8 (2002), Focus 9 / New Skin (2006), e Focus X (2012) foron ben recibidos e Focus continúa actuando por todo o mundo. O seu álbum máis recente é Focus 11 (2018). No ano 2010 Nike usou o tema "Hocus Pocus" nun anuncio de Nike para o Mundial de Fútbol de 2010e a banda recibiu un interese renovado. Focus é unha das bandas de rock máis influentes e exitosas dos Países Baixos.

Remove ads

Discografía

Álbums

Máis información Álbum, Ano ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads