Fospropofol

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Fospropofol
Remove ads

O fospropofol[2] (nome comercial Lusedra[3]) é un axente sedativo-hipnótico de uso intravenoso, derivado do propofol, a miúdo usado como sal disódico. Está aprobado actualmente para a sedación de pacientes adultos durante procedementos diagnósticos ou terapéuticos, como endoscopias.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Remove ads

Aplicacións clínicas

Desenvolvéronse varios derivados hidrosolubles e prodrogas do anestésico intravenoso amplamente usado propofol, dos cales o fosfopropofol foi o que ata agora demostrou ser o máis axeitado para o seu uso clínico.[4][5] As vantaxes que se afirmou que tiña este composto químico hidrosoluble son que produce menos dor no sitio onde se aplican inxeccións intravenosas, ten menos potencial para a hiperlipidemia na súa administración a longo prazo, e menos posibilidaes de bacteremia. A miúdo, o fospropofol adminístrase conxuntamente cun opioide como o fentanil.

Remove ads

Farmacoloxía clínica

Mecanismo de acción

O fospropofol é unha prodroga do propofol, é dicir, unha vez no corpo é metabolizado por unha fosfatase alcalina orixinando o seu metabolito activo, o propofol. Teoricamente, pode orixinarse un milimol (mmol) de propofol por cada mmol de fospropofol sódico administrado. 1,86 mg de fospropofol sódico son o equivalente molar de 1 mg de propofol.

Farmacocinética

Os investigadores que obtiveron os resultados dos ensaios iniciais sobre a farmacocinética do fospropofol retractáronse despois de ditos resultados (ver artigos na sección Véxase tamén). En 2011, non se dispoñía aínda de novos resultados.[6]

Remove ads

Substancia controlada

Nalgúns países o fosfopropofol é unha substancia controlada. como nos Estados Unidos, onde a Lei de substancias controladas a inclúe na lista IV.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads