Galactosa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Galactosa
Remove ads

A galactosa é un monosacárido formado por seis átomos de carbono (é dicir, unha hexosa), que se converte en glicosa no fígado como achega enerxética. Ademais forma parte dos glicolípidos e glicoproteínas das membranas celulares das células, sobre todo das neuronas.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...

Dende o punto de vista químico é unha aldosa pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado pirano.

Remove ads

Síntese da galactosa

Artigo principal: Síntese de galactosa.
Thumb
D-galactosa

A galactosa é sintetizada polas glándulas mamarias para producir lactosa, que é un disacárido formado pola unión de glicosa e galactosa. Por tanto, a maior achega de galactosa na nutrición provén da inxesta de lactosa do leite.

A síntese da galactosa foi o primeiro descubrimento relevante que realizou o médico e bioquímico arxentino, e logo Premio Nobel de Química, Luis Federico Leloir. O descubrimento, realizado en 1947, baseouse nun problema formulado polo biólogo Rawell Caputo no tecido da glándula mamaria.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads