Galeazzo Alessi

From Wikipedia, the free encyclopedia

Galeazzo Alessi
Remove ads

Galeazzo Alessi, nado en Perugia en 1512 e finado o 30 de decembro de 1572, foi un arquitecto italiano.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Basílica de Carignano feita por Galeazzo Alessi en Xénova
Remove ads

Traxectoria

Discípulo de Giambattista Caporali, foi un estudoso entusiasta da arquitectura antiga, e o seu estilo recolleu os seus estudos.

Continúa a súa formación en Roma, onde entra en contacto con Miguelanxo, que o influirá notablemente. En Perugia realiza a igrexa de Santa Maria del Popolo (1547) e o pórtico de Sant’Angelo della Pace (1548). No ano establécese en Xénova invitado polo goberno da República para realizar as fortificacións do porto, ademais constrúe o Palazzo Cambiaso en 1565, Palazzo Lercari-Parodi en 1567, a igrexa de Santa Maria in Carignano (1549-1552) está fortemente inspirada no proxecto de Bramante para a basílica de San Pedro de Roma. A Villa Cambiaso (1548) e a Villa Pallavicino delle Peschiere (1560). Na mesma época traballa en Milán onde realiza o Palazzo Marino (1553-1558) hoxe casa do concello de Milán, a igrexa de Santa Barnaba (1561), a igrexa de San Vittore al Corpo e a fachada de Santa Maria presso San Celso. En Asís, fai o proxecto da igrexa de Santa Maria degli Angeli (1568), modificada en 1832.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads