Cazón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O cazón ou tollo[1] (Galeorhinus galeus) é unha especie de elasmobranquio carcarriniforme da familia dos triáquidos (Triakidae) amplamente distribuída nas augas temperadas de todos os mares e océanos.[2]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cazón (homónimos).

Sen espiñas diante das aletas dorsais, pode chegar a medir até 2 m e pesar até 45 kg. É unha especie demersal (é dicir, nadadora), pero de vida ligada ao fondo, habitando en fondos de entre os 40 e os 100 m.
Remove ads
Distribución
Amplamente distribuído en augas temperadas. Encóntrase no Atlántico en Venezuela, o sur do Brasil, Uruguai, Arxentina; e de Islandia a Suráfrica, incluíndo o Mediterráneo; no Pacífico, en Australia e Nova Zelandia, Hawai e da Columbia Británica até Chile, pasando por California, golfo de California, o sur de Baixa California e o Perú.
Usos
Na cociña das provincias de Cádiz, Sevilla, Málaga e Huelva adoita cociñarse en adobo. Nas Canarias tamén se cociña, recibindo alí o nome de "tollo".
Na Arxentina adoita secarse até adquirir o aspecto do bacallau seco, e prepáranse guisos e outros pratos que son principalmente consumidos durante a Semana Santa, aínda por quen non son cristiáns, debido ao tradicional, nutritivo e apetecíbel.
Tamén se consome na zona do golfo de México, moi particularmente na baía de Campeche. A gastronomía campechana é famosa en México por un prato denominado "pan de cazón", consistente en capas sucesivas de tortillas (de millo) untadas de feixóns refritos, e recheas de cazón desmiuzado e cuberto todo cunha salsa de tomate, e acompañado de rebandas de aguacate.
En Venezuela, o cazón utilízase para moitos pratos de comida, sendo o máis típico a empanada de cazón e/ou arepas, con cazón fervido e aliñado con cebola, pemento moído, pemento picante etc; faise un guiso e con isto prepárase un moitas comidas. Consómese maiormente na illa de Margarita e en todo o oriente do país. Con el prepárase unha torta chamada nesa rexión torta de cazón, que se acompaña con rebandas de plátano frito. Tamén é moi coñecido o chamado pabellón margariteño, no que se substitúe a carne mechada do tradicional pabellón criollo polo mencionado guiso.
Remove ads
Consumo sustentábel
En 2010, Greenpeace España engadiu o cazón á súa lista vermella de peixes. Esta lista vermella de especies pesqueiras inclúe quince especies vendidas nos supermercados españois que poden proceder dunha pesca ou acuicultura non sustantábeis.[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads