Perdices
nome común dun grupo de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O nome de perdices aplícase a varias especies de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, especialmente ás dos xéneros Alectoris, Perdix e outros semellantes.[1][2]

Remove ads
Consideracións taxonómicas e lexicográficas
Os estudos científicos demostraron que o termo 'perdiz' non inclúe todas as especies derivadas dun mesmo antepasado, noutras palabras, o grupo das perdices é parafilético, non é, por tanto, un taxon. As clasificacións científicas recentes, como a do Congreso Ornitolóxico International (COI), inclúen a maioría destas aves dentro da subfamilia dos perdicinos, entre outras, as dos xéneros Perdix e Alectoris. Pero o termo perdiz tamén se referiu a varias outras especies. Así ocorre que algúns autores inclúen tamén no grupo a outras aves doutra subfamilia de fasiánidos, a dos tetraoninos, como o lagópodo cinsento.[1][2][3]
Remove ads
Características
Constitúen un grupo de aves son migratorias de tamaño de mediano a pequeno, propias do Vello Mundo, distribiuídas por Europa, Asia, África e o Oriente Medio, que se alimentan fundamentalmente de sementes e aniñan no solo.[4]
Segundo a definición que delas fixo Georges Cuvier en 1805, as perdices son galináceas de pequeno tamaño e que ningunha delas teñen esporóns[5]
Moitas delas son das aves de caza máis estimadas, xa que a súa carne é de alto valor culinario.[4]
Remove ads
Etimoloxía
A palabra perdiz provén do latín perdicem, acusativo de perdix, e este á súa vez do grego antigo πέρδιξ pérdix, nome da ave en que se transformou Pérdix, o sobriño de Dédalo.[6]
Na mitoloxía
Segundo a mitoloxía grega a primeira perdiz apareceu cando Dédalo, envexoso das habilidades do seu sobriño Pérdix, nun arrebato de ira, guindouno desde o alto do templo de Atenea na Acrópole. Pero a deusa, que favorecía o enxeño, viuno caer e cambiou o seu destino transformándoo nunha ave bautizada co seu nome: a perdiz. Esta ave non fai o seu niño nas árbores nin voa alto, senón que aniña no solo e evita os lugares elevados, consciente da súa caída. Polo seu crime, Dédalo foi xulgado e desterrado.[7]
Remove ads
Na arte
Encontramos perdices en moitos bodegóns ou naturezas mortas que representan trofeos de caza, así como a súa representación en outras obras artísticas.
- Bodegón de Luis Egidio Meléndez (1716–1780). Museo del Prado.
- Bodegón de Jan Weenix (1639/1643–1719). Museum of Fine Arts, Houston, Texas.
- Ninfa na fonte. Lucas Cranach o Vello (1537). Kunsthalle Bremen.
- Aguia e perdiz. Adriaen Collaert (1560–1618). Iconotheca Valvasoriana.
- Perdiz de porcelana da Royal Crown Derby.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
