Game Freak

empresa xaponesa desenvolvedora de videoxogos From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Game Freak Co., Ltd. (株式会社ゲームフリーク Kabushiki gaisha Gēmu Furīku?) é unha compañía de desenvolvemento de videoxogos xaponesa, máis coñecida por desenvolver a serie de videoxogos de Pokémon distribuídos por Nintendo.[1][2]

Datos rápidos Persoas e organizacións, Actividade ...
Remove ads

Historia

Antes dunha compañía de videoxogos, Game Freak foi unha publicación propia de videoxogos creada por Satoshi Tajiri e Ken Sugimori na década de 1980. Tajiri escribiu e editou os textos e Sugimori facía as ilustracións. Tajiri tamén usou "Game Freak" como pseudónimo cando escribía como independente para publicacións como Family Computer Magazine e Famicom Tsūshin.[3][4]

O 26 de abril de 1989, Tajiri, Sugimori e Junichi Masuda fundaron unha compañía de desenvolvemento de videoxogos co mesmo nome.[5][6] Un dos primeiros xogos de Game Freak foi o videoxogo de acción e crebacabezas para Nintendo Entertainment System Quinty, que se estreou en América do Norte como Mendel Palace. A súa serie máis popular, Pokémon— unha romanización da marca xaponesa Pocket Monsters (ポケットモンスター Poketto Monsutā?)[7]— é publicada e distribuída respectivamente por The Pokémon Company e Nintendo en todo o mundo.

En outubro de 2015, Game Freak mercou Koa Games, unha compañía de desenvolvemento de móbiles.[8] En maio de 2019, o director de Game Freak Masayuki Onoue desvelou que Game Freak preorizou a creación de videoxogos orixinais co obxectivo de facer medrar a experiencia do seu persoal.[9] A iniciativa da compañía Gear Project, que anima ós creadores a presentar ideas de xogos orixinais durante os períodos tranquilos, ata agora deu lugar a xogos orixinais como HarmoKnight, Pocket Card Jockey, Tembo the Badass Elephant e Giga Wrecker.[10]

Remove ads

Xogos

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads