Georg Wilhelm Steller
naturalista, médico e explorador teutónico-ruso From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Georg Wilhelm Steller, tamén coñecido como Georg Steller, ou polo seu nome alemán Georg Wilhelm Stöller, nado en 10 de marzo de 1709 en Bad Windsheim (Sacro Imperio Romano Xermánico) o 10 de marzo de 1709 e finado en Tiumén, Imperio Ruso, o 14 de novembro de 1746, foi un explorador, antropólogo, ornitólogo, naturalista, botánico, médico, xeólogo alemán que traballou en Rusia e participou na Segunda expedición a Kamchatka (tamén coñecida como Grande expecidión ao norte), dirixida por Vitus Bering.
Varios dos animais descritos e nomeados por Georg Steller, de quen non hai ningún retrato coñecido. No sentido das agullas do reloxo, desde arriba á esquerda, pigargo de Steller, gaio de Steller, león mariño de Steller, vaca mariña de Steller (extinguida, debuxo de Steller) e eider de Steller.
Remove ads
Traxectoria
Georg Steller naceu o 10 de marzo de 1709 na vila de Windsheim, cerca de Núremberg, daquela situada no Sacro Imperio Romano Xermánico,[1] e estudou na Universidade Martín Lutero de Halle-Wittenberg.[2]
En novembro de 1734 viaxou a Rusia para traballar na Academia de Ciencias de San Petersburgo.[3] Steller foi enviado como naturalista na segunda expedición a Kamchatka, dirixida por Vitus Bering, que tiña como propósito cartografar a costa ártica de Siberia e buscar un paso ao leste cara a América do Norte. Steller deixou San Petersburgo en xaneiro de 1738, alcanzando Okhotsk na costa oriental en agosto de 1740, onde conoñeceu a Bering.[1]
En setembro a expedición partiu cara a península de Kamchatka. Steller pasou o inverno en Bolsheretsk, onde axudou a organizar unha escola local. A continuación incorporouse á expedición de Bering que partiu cara a América a bordo dos barcos Sviatoi Piotr (San Pedro) e Sviatoi Pavel (San Paulo). Ambos os barcos perderon o contacto entre si e o Sviatoi Piotr, comandado polo propio Bering, e a bordo do que ía Steller, chegou ás costas da actual Alasca, en concreto á illa Kayak, en xullo de 1741, parando unicamente coa intención de recoller auga fresca. Esta parada foi aproveitada por Steller para percorrer a illa, sendo o primeiro naturalista europeo en describir numerosas plantas e animais de Norteamérica, entre eles un córvido entón descoñecido para os europeos e que despois sería chamado na súa honra gaio de Steller (Cyanocitta stelleri).
As duras condicións da reción obrigaron a Bering a regresar. No camiño de regreso, Bering enfermou e, ao non poder gobernar seu navío, tivo que refuxiarse nas illas do Comandante, ao suroeste do mar de Bering. O 19 de decembro de 1741, Vitus Bering mórreu de escorbuto na illa que leva agora seu nome, unha illa onde tamén morreron ese inverno 28 dos membros da súa tripulación.
Unha tormenta causou o naufraxio do Sviatoi Piotr, pero o único carpinteiro supervivente, S. Starodubstev, coa axuda do resto da tripulación, logrou construír un pequeno buque cos restos que recuperaran no momento do afundimento. O novo barco tiña só 12,2 m de eslora, e foi tamén chamado Sviatoi Piotr, e nel 46 dos 77 homes do primitivo Sviatoi Piotr conseguiron sobrevivir ás dificultades da expedición, incluído o mesmo Steller.
Durante o inverno pasado na illa de Bering, Steller escribiu De Bestiis Marinus, describindo a fauna da illa que incluía o oso mariño ártico (Callorhinus ursinus), a lontra mariña (Enhydra lutris), o león mariño de Steller (Eumetopias jubatus), a vaca mariña de Steller (Hydrodamalis gigas), o eider de Steller (Polysticta stelleri) e o corvo mariño de Pallas (Phalacrocorax perspicillatus). Tanto a vaca mariña de Steller como o corvo mariño de Pallas extinguíronse pouco despois a causa da caza indiscriminada.
Steller pasou os dous anos seguintes explorando a península de Kamchatka. Foi chamado para regresar a San Petersburgo e na viaxe de regreso morreu a causa dunhas febres en Tiumén. Os seus diarios chegaron á Academia de San Petersburgo e foron publicados polo zoólogo e botánico alemán Peter Simon Pallas. Estes foron utilizados por varios exploradores do Pacífico Norte, entre eles o capitán inglés James Cook.
Remove ads
Honores
Eponimia
Hai unha escola secundaria en Anchorage, Alasca, que leva o seu nome.
- Especies vexetais
- (Adiantaceae) Cryptogramma stelleri (S.G.Gmel.) Prantl[4]
- (Asteraceae) Artemisia stelleriana Besser[5]
- (Gentianaceae) Gentiana stelleriana Cham. & Schltdl.[7]
- (Pteridaceae) Pteris stelleri S.G.Gmel.[8]
- (Saxifragaceae) Saxifraga stelleriana C.Merk ex Ser.[9]
- (Thymelaeaceae) Chamaejasme stelleriana Kuntze[10]
- (Thymelaeaceae) Passerina stelleri Wikstr.[11]
- Especies animais
- (Anatidae) Polysticta stelleri
- (Corvidae) Cyanocitta stelleri
- (Accipitridae) Haliaeetus pelagicus
- (Dugongidae) Hydrodamalis gigas
- (Otariidae) Eumetopias jubatus
- (Acanthochitonidae) Cryptochiton stelleri
- Minerais
- Stellerita
Remove ads
Abreviatura
A abreviatura Steller emprégase para recoñecer a Georg Wilhelm Steller como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[12]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
