Anchorage

cidade e capital do estado de Alasca From Wikipedia, the free encyclopedia

Anchoragemap
Remove ads

Anchorage é unha cidade estadounidense, capital do estado de Alasca. En 2012 tiña 298 610 habitantes[1] (380 821 residentes incluíndo os arrabaldes),[2], o que a converte na cidade máis poboada de Alasca.

Datos rápidos Lema, Alcume ...

Anchorage está situada no centro sur de Alasca, situada nunha península triangular, limitada ao leste polos Montes Chugach. Conta con aeroporto internacional e porto marítimo. A economía baséase nas actividades públicas e militares, no petróleo e no turismo.

Remove ads

Historia

A diferenza de todas as outras grandes cidades do sur de Alasca, en Anchorage a pesca ou a minaría non foron as razóns polas que se empezou a asentar xente no lugar. Comezou a medrar ao ser, no 1914, empregada como porto para a construción do ferrocarril Alaska Railroad, que se construíu entre 1915 e 1923. Logo se estableceu un campamento importante. A economía nos seus anos vinte baseábase no ferrocarril. Entre os trinta e os cincuenta, a cidade experimentou un crecemento masivo debido aos militares e ao transporte aéreo. O aeroporto de Merrill Field abriu en 1930, e o aeroporto internacional de Anchorage fíxoo en 1951. As instalacións militares de Elmendorf Air Force Base e Fort Richardson foron construídas nos anos corenta.

Thumb
O terremoto de Alasca do 27 de marzo de 1964 (Fourth Avenue)

O terremoto do Venres Santo provocou moitos danos o 27 de marzo de 1964 cunha magnitude de momento de 9,2. Matou 114 habitantes de Alasca e causou numerosos danos materiais. Reconstruiríase na segunda metade dos sesenta a cidade.

En 1968 descubriuse petróleo na baía Prudhoe, que incrementou máis a súa poboación. Despois, en 1975, crearíase o municipio de Anchorage, a partir da City de Anchorage e da Anchorage Area Borough (que incluía Eagle River, Girdwood, Glen Alps, ...).

Remove ads

Xeografía

Anchorage está situada na parte central do estado a 61º de latitude norte, mesma latitude que as cidades de Estocolmo e San Petersburgo.

A cidade áchase sobre unha península triangular, rodeada polos Montes Chugach.

Clima

Durante o verán a temperatura diúrna é bastante agradable, entre 13 e 21 °C, mentres que no inverno, a temperatura media descende a –7 e até –15 °C e a cidade reloce unha grosa capa de neve.

Máis información Mes, Xan ...
Remove ads

Economía

Thumb
Porto de Anchorage

Anchorage é un porto que recibe máis do 95 % de todo o transporte de mercadorías de Alasca. As maiores industrias inclúen o petróleo e o turismo. Hai dúas bases militares americanas facendo fronteira con Anchorage polo norte: a Base Aérea de Elmendorf e o Forte Richardson. Case todos os turistas que van ao Interior do Alasca pasan por Anchorage sendo frecuento velos no verán pola cidade.

Linguas

86'4% inglés, 4% castelán, 1'5% tagalo, 1'4% coreano, 0'8% alemán, 1'4% linguas nativas (atabasco, esquimó, aleutiano)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads