George Wendt

actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

George Wendt
Remove ads

George Wendt, nado o 17 de outubro de 1948 en Chicago, Illinois, e finado nos Ánxeles o 20 de maio de 2025,[1] foi un actor estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Carreira

O primeiro papel de Wendt foi de actor secundario en Somewhere in time, un filme de ciencia ficción escrito por Richard Matheson, estreado en galego como Algures no tempo,[2] protagonizado por Christopher Reeve, Jane Seymour e Christopher Plummer.

Cheers


O papel máis famoso de George Wendt é probabelmente o cliente habitual Norm Peterson na serie de televisión Cheers, sentado no bar e tomando cervexa. É o único actor, xunto a Ted Danson e Rhea Perlman, que aparece en todos os episodios de Cheers. Wendt tamén é o único actor que interpretou ao mesmo personaxe en sete series de TV diferentes: alén de Cheers, interpretou a ese personaxe convidado en Family Guy, Frasier, St. Elsewhere, The Simpsons, The Tortellis e Wings. Ademais, participou na serie Hot in Cleveland en 2011 cando o amish Joden ao entrar no Amischbar, é recibido polos presentes cun "Olá Joda" e o camareiro lembra a Woody Harrelson, o camareiro de Cheers. O personaxe tamén foi mencionado en A Nanny.

Wendt foi nomeado seis veces ao Emmy polo seu papel en Cheers.

Outros papeis

Apareceu noutras series como M*A*S*H, Columbo, Seinfeld, Sabrina - The Teenage Witch, no videoclip de Michael Jackson Black or White facendo de pai de Macaulay Culkin, e en programas como The Masked Singer.[3]

Wendt tamén estivo activo como actor de teatro. A finais dos anos 90 estivo no London Theater Wyndham con Yasmina Reza; en 2012, interpretou a Dean na versión musical do filme Re-Animator.[4]

Familia

George Wendt estivo casado con Bernadette Birkett e tiveron tres fillos: Hilary, Joe, e Daniel.[5] Era neto do fotógrafo Tom Howard e tío do actor Jason Sudeikis.[6]

Remove ads

Notas

  1. Murphy, J. Kim (20 de maio de 2025). "George Wendt, Who Played Norm on 'Cheers,' Dies at 76". Variety (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2025.
  2. "Programación da TVG". ABC. 18 de setembro de 1989. Consultado o 12 de decembro de 2017.
  3. "Masked Singer unveils Selling Sunset and Cheers stars in double unmasking". Digital Spy (en inglés). 2023-03-30. Consultado o 2023-10-22.
  4. Jones, Gareth (2014-07-10). "Haunter (UK DVD)". Dread Central (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
  5. "George Wendt". TV Guide. Consultado o 31 de xaneiro de 2021.
  6. McRady, Rachel (2014-02-24). "Jason Sudeikis Hangs Out With Uncle, Cheers Star George Wendt: Picture". Us Weekly (en inglés). Consultado o 2023-10-21.
Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads