Git
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Git é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas persoas.
Emprégase máis para o desenvolvemento de software,[1] pero úsase para xestionar traballos sobre calquera tipo de ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído orientado á ser rápido,[2] manter a integridade dos datos,[3] e soportar modelos de traballo distribuídos e non lineais[4].
Git creouno Linus Torvalds en 2005, pensando no desenvolvemento do kernel de Linux, e coa axuda no inicio doutros desenvolvedores do kernel[5]. O actual administrador de git é Junio Hamano.
Como todos os sistemas de control de versións distribuídos, e ao contrario dos sistemas cliente-servidor, cada cartafol de git de cada nó[6] é un repositorio co historial ao completo, cheo de capacidades de trazado de versións e independente do acceso a unha rede ou un servidor central[7].
Ao igual que o kernel de Linux, Git é software libre. Distribúese baixo os termos da GNU General Public License versión 2.[8][9]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads