Gong Li

actriz de orixe chinesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Gong Li
Remove ads

Gong Li (en chinés 鞏俐), nada en Shenyang (República Popular da China) o 31 de decembro de 1965, é unha actriz chinesa que desde 2008 ten a nacionalidade singapurense.[1] Obtivo o recoñecemento internacional polas súas colaboracións frecuentes co director chinés Zhang Yimou e gañou a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia na categoría de mellor actriz polo seu desempeño na película de 1992 Qiu Ju da guan si. É recoñecida como unha das celebridades responsables da popularidade do cine chinés en Europa e América do Norte.[2] En 2006 foi votada como a muller máis fermosa da China.[3][4]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Desde moi nova quixo ser actriz, e na escola destacou no canto e a danza, ata o punto de chegar a excluír outras materias. A pesar de ser suspendida nos exames en dúas ocasións foi aceptada na Escola Central de Arte Dramática de Pequín, onde se graduó. Era aínda estudante cando o director Zhang Yimou escolleuna en 1987 para o papel protagonista na súa primeira película como director, Hong gao liang, coa que obtivo o Oso de Ouro no Festival de Cine de Berlín.

Gong gañou numerosos premios polo seu desempeño como actriz; gañou o Premio do Círculo de Críticos de Cinema de Nova York na categoría de mellor actriz de repartición polo seu traballo no filme Adeus á miña concubina (1993) e o Premio do Consello Nacional de Crítica de Cinema na mesma categoría por Memorias dunha gueixa (2005). Gañou ademais dous premios Golden Rooster, un premio Hundred Flowers e un trofeo no Festival de Cannes. Ademais das mencionadas, Li apareceu noutras producións cinematográficas notables como Ju Dou (1990), Dà Hóng Dēnglóng Gāogāo Guà (1991), 2046 (2004), Miami Vice (2006) e Hannibal Rising (2007).

Li especialízase en personificar mulleres con personalidades contrapostas entre o ben e o mal.

Remove ads

Traxectoria

Gong Li naceu na cidade chinesa de Shenyang (Liaoning). Creceu en Jinan, a capital da provincia de Shandong. Desde moi nova quixo ser actriz, e na escola destacou no canto e a danza, ata o punto de chegar a excluír outras materias. Malia ser suspendida nos exames en dúas ocasións, foi aceptada na Escola Central de Arte Dramática de Pequín, onde se graduou.[5] Era aínda estudante cando Zhang Yimou a escolleu en 1987 para o papel protagonista na súa primeira película como director, Hong gao liang ("Sorgo vermello"), coa que obtivo o Oso de Ouro no Festival de Cine de Berlín.

Desde entón, Gong Li foi unha das actrices con máis éxito na historia da China, cunha fama que transcendeu as fronteiras do país asiático. O seu traballo foi recoñecido con premios como os do Festival Internacional de Cinema de Venecia e o do Círculo de Críticos de Cine de Nova York. Ademais de actuar, é unha cantante excepcional, como demostrou en Shanghai Triad. En xuño de 1998 obtivo a Orde das Artes e as Letras.

Seguiu protagonizando os filmes de Zhang Yimou ata mediados dos anos noventa. Ao longo da súa colaboración, xerouse un escándalo debido a que eran amantes, malia que Zhang estaba casado. Romperon en 1995, e Gong Li casou cun magnate do tabaco de Singapur chamado Ooi Hoe Soeng ao ano seguinte. A única aparición de Gong Li no cine de Hollywood limitábase á película Chinese Box (1997); con todo, na década do 2000 participou en máis producións estadounidenses como Memorias dunha gueixa en 2005, Miami Vice, en 2006 e Hannibal Rising en 2007. Volveu traballar con Zhang Yimou no 2006 con Mǎnchéng jìndài huángjīnjiǎ ("A maldición da flor dourada") e no 2014 con Guīlái ("Regreso á casa").

O 16 de outubro de 2000, Gong Li foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade[6][7] da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

Remove ads

Filmografía

AnoTítulo originalTítulo galegoPapelObservacións
1987Hong gao liangAvoa de My
1989Xi tai houGuilian
1989Hoi sam gui miu ba
1989Daihao Meizhoubao
1990Qin yong
1990Ju DouJu Dou
1991Du xia II: Shang Hai tan du shengYu-San / Yu-Mong
1991Dà Hóng Dēnglóng Gāogāo GuàSonglian
1992Qiu Ju da guan siQiu Ju
1992Meng xing shi fenMa Li
1993Adeus á miña concubinaJuxian
1993Tang Bohu dian QiuxiangChen Heung
1994Xin tian long ba bu zhi tian shan tong laoMo Han-Wen
1994Hua hunPan Yuliang
1994HuozheXu Jiazhen
1994Xi chu bawangLu Zhi
1995Yao a yao yao dao waipo qiaoXiao Jingbao
1996Feng yuePang Ruyi
1997Chinese BoxVivian
1998Jing Ke ci Qin WangLady Zhao
2000Piàoliang māmaSun Liying
2002Zhou Yu de huo cheZhou Yu
20042046Su Li-zhen
2004ErosMiss Huano episodio The Hand
2005Memoirs of a GeishaMemorias dunha gueixaHatsumomo
2006Miami ViceIsabella
2006Mǎnchéng Jìndài HuángjīnjiǎEmperatriz Fénix
2007Hannibal RisingLady Murasaki
2010ShanghaiAnna Lan-Ting
2011Wo Zhi Nu Ren XinLi Yi-Long
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads