Gran Premio da Arxentina de 1975

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio da Arxentina de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 12 de xaneiro de 1975 no Autódromo Oscar Alfredo Gálvez de Buenos Aires. Foi a primeira carreira da tempada de 1975, e o duodécimo Gran Premio da Arxentina e a segunda, que se celebrou na versión largada do circuíto de seis quilómetros ao redor do lago que se atopa ao nordeste do circuíto.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...

A carreira foi gañada por segunda vez polo piloto brasileiro Emerson Fittipaldi pilotando un McLaren M23 cunha vantaxe de seis segundos sobre James Hunt no seu Hesketh 308. Carlos Reutemann obtivo o seu mellor resultado ata ese momento na súa carreira de casa, terminando terceiro no seu Brabham BT44B.

Remove ads

Resumo da carreira

A pretempada foi bastante tranquila, Jochen Mass substituíra a Denny Hulme en McLaren, John Watson uniuse a Surtees e Mike Wilds, Rolf Stommelen e Jacques Laffite confirmáronse en BRM, Hill e Williams respectivamente.

March anunciara a súa retirada, pero logo nunha inesperada decisión confirmou a súa participación en 1975 con Vittorio Brambilla e a muller piloto Lella Lombardi.

Ronnie Peterson tivo problemas contractuais, ao parecer descontento con Lotus e houbo dúbidas ata o inicio do Gran Premio si estaría pilotando para eles ou para Shadow.

Jean-Pierre Jarier demostrou a eficacia dos Shadow, facendo a volta máis rápida do circuíto, unha media de 196 km/h para gañar a súa primeira pole por diante de Carlos Pace e Carlos Reutemann.

Pero todo foi en balde. Na volta de quecemento, rompeulle un piñón da coroa dentada, e non puido saír. O heroe local Reutemann tomou o liderado diante de Pace. James Hunt pilotaba o novo Hesketh coa nova suspensión de caucho subiu do sexto ata o terceiro lugar, loitando con Niki Lauda. Jochen Mass e Jody Scheckter engancháronse e tiveron que parar en boxes. Mentres tanto, John Watson perdeu terreo debido a un problema coa bomba de gasolina e foi descualificado logo de intentar reparalo na pista.

Wilson Fittipaldi estrelouse na volta 13, o coche incendiouse e tivo que saír o camión de bombeiros. Hunt pasara Lauda e foi a captúra dos dous Brabhams. Pace tomou a dianteira na volta 15, pero ó pasar por riba da escuma usada para apagar o coche de Wilson fixo un trompo e caeu ao oitavo lugar. Reutemann tomou o liderado,seguido por Hunt, Lauda e Emerson Fittipaldi. Na volta 23 o brasileiro foi capaz, tras unha serie de intentos infrutuosos, de pasar ao piloto de Ferrari. O líder da carreira Carlos Reutemann, con problemas nos pneumáticos, foi pasado na volta 25 por Hunt, e na seguinte volta, tamén por Fittipaldi. O brasileiro acadou o liderado da carreira na volta 35 que aguantou ata o final da carreira. James Hunt consolouse coa volta rápida, a primeira e única na historia de Hesketh.

Remove ads

Clasificación

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1974
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1975
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1975
Carreira anterior:
Gran Premio da Arxentina de 1974
Gran Premio da Arxentina Carreira seguinte:
Gran Premio da Arxentina de 1977

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads