Lella Lombardi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Maria Grazia "Lella" Lombardi, nada en Frugarolo (Piemonte) o 26 de marzo de 1941 e finada en Milán o 3 de marzo de 1992, foi unha piloto de carreiras italiana.
Remove ads
Traxectoria
Participou en 17 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutando o 20 de xullo de 1974. É a única muller piloto de Fórmula Un na historia en rematar nun dos seis primeiros postos nunha carreira do Campionato do Mundo, no Gran Premio de España de 1975[1] foronlle outorgados a metade dos puntos desta carreira debido a que non se completou o 75% da distancia de carreira, polo tanto, Lombardi recibiu a medio punto en lugar do punto habitual. Ademais de ser a única muller piloto en sumar puntos na Fórmula Un, que é unha das dúas mulleres que lograron clasificarse polo menos para unha carreira de Fórmula Un (a outra é a súa compatriota Maria Teresa de Filippis) e a única piloto cunha andaina total.[2]

Logo duns bos resultados na Fórmula 3 e Fórmula 5000 a principios de 1970, Lombardi entrou a Fórmula Un en 1974 cun vello Brabham privado. En 1975 incorporouse a March e correu a tempada completa. Logo dunha soa participación cun Williams firmou unha curta alianza sen éxito con RAM Racing.
Lella Lombardi tamén comezara a correr na NASCAR pilotando un Firecracker 400 na carreira da NASCAR no Daytona International Speedway en 1977. Había outras dúas mulleres pilotos na pista: a americana Janet Guthrie e a belga Christine Beckers.[3]
Máis tarde Lombardi competiu con coches deportivos con certo éxito. Morreu de cancro en Milán en 1992, tiña 50 anos de idade.
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads