Gran Premio de Azerbaidján de 2017
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio de Azerbaidján de 2017 (oficialmente 2017 Formula One Azerbaijan Grand Prix) foi a oitava carreira da tempada 2017[1]. Celebrouse o 25 de xuño de 2017 no Circuíto urbano de Bakú en Bakú, Azerbaidján. Foi a primeira carreira do Gran Premio de Azerbaidján como unha rolda do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Será a segunda vez que unha carreira dispútase no circuíto e a segunda vez que un Gran Premio dispútase en Azerbaidján, xa que o circuíto e o país albergaron anteriormente o Gran Premio de Europa de 2016.[2]
Sebastian Vettel entra na rolda cunha vantaxe de doce puntos sobre o Mercedes de Lewis Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos, mentres que Mercedes lidera sobre Ferrari por oito puntos no Campionato Mundial de Construtores.
Remove ads
Informe
Práctica libre
Max Verstappen foi máis rápido na primeira práctica, establecendo un tempo de 1.44:410. Foi seguido polo seu compañeiro Daniel Ricciardo e o Ferrari de Sebastian Vettel en segundo e terceiro lugar.[3] Na segunda práctica o Red Bull de Max Verstappen foi o máis rápido seguido por Bottas e Ricciardo.[4] A terceira e última práctica do sábado foi encabeezada por Bottas, con Raikkonen segundo e Hamilton terceiro.[5] Bottas set the quickest time of all three practices with a 1.42.742.[3]
Clasificación
Jolyon Palmer non puido establecer un tempo de volta en Q1 debido a un incendio durante a práctica 3.
Na Q3, Lewis Hamilton conseguiu a pole position cun 1:40.593, 0.434 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo Bottas en segundo lugar, e 1.100 segundos máis rápido que Kimi Räikkönen no terceiro. Lance Stroll cualificou por diante do seu compañeiro de equipo, Felipe Massa, por primeira vez na tempada. Daniel Ricciardo golpeou a parede e comezou décimo.
Carreira
Hamilton liderou sobre Vettel ata que saíu o primeiro coche de seguridade na volta 13 para quitar o Toro Rosso parado de Daniil Kvyat. Na volta 16, reanudouse a carreira pero saíu outro Safety Car logo de que os Force India de Ocon e Pérez chocaran no reinicio e deixaran restos na pista.
Baixo o segundo Safety Car, Hamilton queixouse repetidamente de que andaba demasiado amodo. Vettel chocou con Hamilton baixo o Safety Car e máis tarde recibiu unha penalización de 10 segundos por condución perigosa. A carreira reiniciouse na volta 21, só para sacar a bandeira vermella na volta 22 para que os comisarios puideran sacar máis restos.
Durante o período da bandeira vermella, os equipos traballaron nos seus autos, Force India substituíu os pneumáticos de Ocon e a á dianteira de Pérez. Ferrari substituíu a dianteira de Vettel e arranxou o piso de Kimi Räikkönen. Mercedes traballou no difusor traseiro de Hamilton.
Logo da bandeira vermella, a carreira reiniciouse detrás do coche de seguridade. Hamilton lideraba diante de Vettel, Massa, Stroll, e Ricciardo. Ricciardo pasou os dous Williams na curva 1 e colocouse no terceiro lugar ata que Hamilton tivo que entrar en boxes de novo para cambiar o repousa cabezas e Vettel tivo que entrar a cumprir a súa penalización cun stop & go. Massa retirouse debido a un amortecedor da suspensión roto, Ricciardo marchaba por diante de Stroll e Bottas. Bottas pasou a Stroll na recta final ao final da última volta, superando a Stroll polo segundo lugar en 0,105 segundos. Stroll conseguiu o seu primeiro podio cun terceiro lugar. Vettel terminou cuarto, Hamilton quinto, Ocon sexto, Magnussen sétimo, Sainz oitavo, Alonso noveno (anotando os primeiros puntos de McLaren da tempada) e Wehrlein décimo.
Como resultado da carreira, Vettel aumentou a súa vantaxe sobre Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos a 14 puntos, mentres que Mercedes aumentou a súa vantaxe sobre Ferrari no Campionato Mundial de Construtores a 24 puntos.
Cualificación
A letra grosa indica o mellor tempo de cualificación na Q1, Q2 e Q3.
Carreira
Posicións logo da carreira
- Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads