Stoffel Vandoorne
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Stoffel Vandoorne nado o 26 de marzo de 1992 é un piloto de carreiras profesional de Bélxica, que actualmente compite en Fórmula Súper. Tamén é o piloto reserva do equipo McLaren de Fórmula Un, preparado para facer a súa estrea no Gran Premio de Bahrain de 2016, en substitución de Fernando Alonso, que foi descartado da carreira polos médicos da FIA logo dun accidente no Gran Premio de Australia de 2016.
Remove ads
Traxectoria
Karting
Nado en Kortrijk, Vandoorne comezou a súa andaina no karting en 1998 aos seis anos, e dez anos máis tarde gañou o Campionato KF2 belga. En 2009 terminou como subcampión na Copa do Mundo CIK-FIA na categoría KF2.[1]
Fórmula Renault
En 2010, Vandoorne trasladouse aos monoprazas de carreiras, uníndose as Series F4 Eurocup 1.6.[2] Logo gañou a serie no seu primeiro intento, terminando a tempada con seis vitorias e tres podios..[3]
En 2011, competiu na Eurocup Formula Renault 2.0 con Kurt Mollekens no equipo KTR.[4] Terminou quinto na xeral, cun podio en Hungaroring e outros oito acabados nos puntos ao longo da tempada,[5] tamén participou na Formula Renault 2.0 Northern European Cup, onde terminou terceiro na clasificación da serie con oito podios.[6]
Na tempada 2012 Vandoorne mantívose na Eurocup, pero deixou KTR para unirse a Josef Kaufmann Racing.[7] Gañou o campionato por dez puntos logo dunha dura batalla co Red Bull de Daniil Kvyat. Entre eles gañaron 11 das 14 carreiras e terminaron a máis de 100 puntos de vantaxe sobre o seu rival máis próximo. Vandoorne terminou a tempada con catro vitorias e seis podios no seu haber. Tamén disputou algunha carreira na Northern European Cup, onde gañou cinco das sete carreiras que empezou e terminou no podio nunha sexta carreira.
En 2013, Vandoorne correu na Fórmula Renault 3.5, onde substituíu o campión de 2012 Robin Frijns en Fortec Motorsport,[8] terminou segundo por detrás do seu compañeiro o novo piloto de McLaren Kevin Magnussen con catro vitorias e 10 podios, incluíndo unha vitoria na súa pista local de Spa-Francorchamps.
GP2 Series

En xaneiro de 2014, confirmouse que Vandoorne faría a súa estrea na GP2, competindo con ART. Na primeira carreira en Bahrain, Vandoorne conseguiu a súa primeira vitoria da tempada na carreira principal. A isto seguíronlle catro poles consecutivas, tres vitorias máis en Hungaroring, Monza e Yas Marina e seis podios adicionais. Malia ser un novato, terminou segundo por detrás do campión de 2014 Jolyon Palmer.
Vandoorne continuou con ART en 2015 e foi considerado o principal candidato ao título.[9] Participou na Fórmula 3 xaponesa de 2014 xunto o campión Nobuharu Matsushita. Logo de cinco vitorias, doce podios e catro poles, Vandoorne logrou o título en Sochi, 108 puntos por encima do seu rival máis próximo Alexander Rossi.
Fórmula Un
En febreiro de 2013, Vandoorne uniuse ao Programa de Novos Pilotos de McLaren,[10] baixo a tutela do seu representante Richard Goddard, en colaboración co director deportivo do equipo Sam Michael e o seu xefe de comunicacións Matt Bishop, Alex Wurz presentouno en 2011.[11][12]
En xaneiro de 2014, foi presentado como terceiro piloto de McLaren F1 tamén como piloto titular nas GP2 Series de ART Grand Prix.[13]
Fórmula Súper
O 12 de febreiro de 2016, anunciouse que Vandoorne correrá na Super Fórmula en 2016.[14] Terminou en cuarto lugar, a clasificación máis alta entre os pilotos de motor Honda, con dúas vitorias e unha pole position no Fuji Speedway en condiciónsde mollado ao longo da carreira.
McLaren (2016-presente)


O 31 de marzo de 2016, anunciouse que Vandoorne substituiría ao piloto titular Fernando Alonso no Gran Premio de Bahrain despois de que o español non fora considerado apto para pilotar tralo grave accidente na rolda anterior.[15] Logo de cualificar 12º por diante de Jenson Button, Vandoorne finalizou 10° e converteuse no primeiro piloto de reserva en anotar puntos no debut desde Sebastian Vettel no Gran Premio dos Estados Unidos de 2007.
O 3 de setembro de 2016, antes do Gran Premio de Italia, McLaren anunciou que Jenson Button non renovaría en 2017, e que Vandoorne o substituiría para correr xunto a Alonso para a tempada de Fórmula Un de 2017.[16] O 23 de agosto de 2017, anunciouse que Vandoorne manteríase para a tempada 2018.[17]
Remove ads
Rexistro de carreiras
Resumo da súa carreira
Resultados completos na Formula Renault 3.5 Series
(key) (Races in bold indicate pole position) (Races in italics indicate fastest lap)
Resultados completos nas GP2
(key) (Races in bold indicate pole position) (Races in italics indicate fastest lap)
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
* Tempada en progreso.
Resultados completos na Super Formula
(key) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads