Pascal Wehrlein
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pascal Wehrlein, nado en Sigmaringen o 18 de outubro de 1994, é un piloto de carreiras alemán nado en Mauricio que participou na Fórmula 1 tanto para o equipo Sauber como para MRT. Ten a dobre nacionalidade de Alemaña e Mauricio, competiu na Fórmula 1 con licenza de Alemaña.[1] Anteriormente participou na DTM, gañando o título co equipo Mercedes-Benz HWA AG en 2015. En 2014 Wehrlein converteuse no piloto máis novo para gañar unha carreira de DTM aos 19 anos e os máis novo en gañar o título en 2015 aos 20 anos.
Remove ads
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Remove ads
Traxectoria

Karting
Fillo de pai alemán e nai mauriciana[2], Wehrlein comezou no karting en 2003 e competiu só na súa Alemaña natal durante a maior parte da súa carreira, participou na categoría KF2 en 2009, cando terminou na quinta posición na ADAC Masters Kart.[3][4]
ADAC Fórmula Masters
En 2010 debutou no campionato [Formel Masters] [ADAC] con ADAC Berlin-Brandenburg eV (tamén coñecido como Mücke Motorsport). Wehrlein terminou sexto no campionato cunha vitoria en Sachsenring e outros tres podios.[5][6]
Permaneceu na serie co equipo no ano seguinte. Wehrlein obtivo sete vitorias en Oschersleben, Sachsenring, Zolder, Nürburgring e Lausitz no seu camiño ao título do campionato.
Fórmula 3 Euro Series
En 2012, Wehrlein achegouse á Fórmula 3 Euro Series, continuando con Mücke Motorsport.[7]
Fórmula Un
En setembro de 2014, anunciouse que Wehrlein actuaría como un piloto de reserva para o Mercedes F1 Team[8] tomou parte nas probas de pretempada en Barcelona, pilotando tanto para Force India como para Mercedes.
Manor (2016)

En febreiro de 2016, anunciouse que Wehrlein faría o seu debut na F1 con Manor Racing. Enténdese que Manor recibiu acceso ao túnel de vento de Mercedes a cambio da contratación de Wehrlein.[9] Wehrlein anotou o seu e o único punto e o de Manor da tempada no Gran Premio de Austria de 2016 ao rematar en décimo lugar.[10]
Sauber (2017)

O 16 de xaneiro de 2017, Wehrlein asinou con Sauber.[11] Viuse obrigado a perderse a primeira proba en Barcelona debido a unha lesión que sufriu mentres competía na Race of Champions.[12] Foi substituído por Antonio Giovinazzi antes de regresar para a segunda proba no mesmo circuíto.[13] A pesar de ser apto para participar no Gran Premio de australia de 2017, retirouse logo de participar nas dúas primeiras sesións de prácticas, con Giovinazzi substituíndoo polo resto da fin de semana da carreira.[14] O 3 de abril de 2017, Sauber F1 anunciou que Wehrlein sería de novo substituído por Giovinazzi Gran Premio da China de 2017.[15] Comezou no seguinte Gran Premio de Bahrain, clasificando décimo sexto e terminando a carreira 11º.[16] Terminou oitavo en España logo de realizar unha estratexia dunha única parada. Non perdeu ningún dos lugares que gañou, aínda que unha sanción de cinco segundos por unha infracción do ingreso aos boxes custoulle o sétimo posto con Carlos Sainz.[17] A súa carreira no Gran Premio de Mónaco finalizou cando, na 57ª volta, Jenson Button intentou pasar polo seu interior en Portier. pero só logrou envorcar o Sauber ao seu lado contra as barreiras, necesitando outro escáner das súas costas.[18] logrou o seu segundo punto da tempada no caótico Gran Premio de Azerbaidján logo de loitar duramente co seu compañeiro de equipo Ericsson para a 10ª posición. Ao final da tempada logrou 5 puntos. A pesar de ter derrotado a Ericsson na clasificación e na maioría das carreiras, de ser o único piloto que logrou puntos para Sauber esa tempada, o 2 de decembro de 2017, Sauber anunciou que Wehrlein non lle renovaría para 2018 e que sería substituído por Charles Leclerc.[19]
Remove ads
Rexistro de carreiras
Resumo da súa carreira
* Tempada en curso.
Resultados completos de Formula 3 Euro Series
(key)
Resultados completos no Campionato de Europa de Fórmula 3
(key)
Resultados completos na DTM
(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
† O piloto non rematou a carreira, pero completou o 75% da distancia da carreira.
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Remove ads
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads