Gran Premio de Francia de 1963

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Resultados do Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1963 celebrado no circuíto de Reims-Gueux o 30 de xuño de 1963.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Remove ads

Informe

Jim Clark liderou desde o inicio. Todo o duro traballo de Graham Hill na clasificación non valeu de nada, o seu motor parouse na grella e empuxárono para arrincar. Unha sanción a posteriori dun minuto deixouno ben atrás. Clark liderou desde o comezo, a súa vantaxe ampliouse cando unha pedra atravesou o radiador de Ginther que marchaba segundo, obrigándoo a entrar en boxes. Jack Brabham obtivo o segundo lugar logo dunha forte pelexa con Trevor Taylor, que tamén sufriu problemas mecánicos.

Brabham comezou a gañar terreo a Clark significativamente cando o motor Climax do escocés empezou a fallar, pero resultou ser un fallo esporádico e tiña suficiente vantaxe para manter a posición. Foi Brabham quen se retirou, entregando o segundo e terceiro posto a Tony Maggs e a un encantado Hill. Clark quedou máis dun minuto por diante deles logo de liderar de principio a fin.

Remove ads

Clasificación

Máis información Pos, Nº ...
  • Phil Hill inicialmente comezou no coche 24, pilotando para ATS. Cando o equipo ATS retirouse, pasou a pilotar o Lotus-BRM da Scuderia Filipinetti.
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads