Trevor Taylor

From Wikipedia, the free encyclopedia

Trevor Taylor
Remove ads

Trevor Taylor nado en Sheffield o 26 de decembro de 1936 e finado o 27 de setembro de 2010 foi un piloto de carreiras británico de Inglaterra.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Inicios

Trevor Taylor naceu en Sheffield, fillo do dono dun garaxe de Rotherham. Comezou a súa andaina nas carreiras nun Fórmula 3 de 500 cc, inicialmnte nun Staride e máis tarde nun Cooper-Norton. Dez vitorias en 1958 valéronlle o Campionato Británico de Fórmula 3. Logo dun ano 1959 frustrante co seu propio Cooper de Fórmula 2, recibiu unha invitación para correr co seu Lotus 18 como un segundo coche oficial en 1960. Acabou empatado no primeiro lugar no Campionato de Fórmula Júnior con Jim Clark, malia que competiu en dúas carreiras máis que contaban para o campionato que Clark.[1] Que xa pilotaba regularmente para Team Lotus na Fórmula 1. Taylor gañou de novo o título pola súa propia conta en 1961.[1] A finais de 1961, Taylor conseguiu unha unidade regular na Fórmula 1 co equipo Lotus e demostrou ser competitivo con Clark e Moss na serie Suráfrica en decembro de 1961.[Cómpre referencia]

Remove ads

Fórmula Un

Taylor participou en 29 Grandes Premio s do Campionato Mundial de Fórmula Un, cualificando para 27 deles.[1] Fixo o seu debut o 18 de xullo de 1959, no Gran Premio británico disputado e se ano en Aintree, pilotando un Cooper T51 de 1,5 litros privado pero non cualificou.[1] En 1961, quedou décimo terceiro no Gran Premio dos Países Baixos de 1961, a súa única carreira do campionato do mundo nese ano. En 1962 foi segundo na carreira que abría o campionato do mundo de Fórmula Un, o Gran Premio dos Países Baixos de 1962,[1] finalmente o seu único podio no campionato do mundo. Liderouo cedo no Gran Premio de Bélxica de 1962 en Spa de Francorchamps e despois de que o seu líder de equipo Clark o pasara emprendeu un duelo con Willy Mairesse que pilotaba diante do seu público. Seguindo a estela de Taylor, Mairesse recortou a distancia con Taylor,[2] O Ferrari 156 tiña máis potencia costa arriba e chocaron, aínda que ningún dos dous sufriu lesións graves ambos tiveron a sorte de sobrevivir a un accidente a alta velocidade.

A finais de 1962, Taylor compartiu con Jim Clark o coche e a vitoria na carreira fóra de campionato do Gran Premio de México, logrou unha vitoria e un segundo lugar en dúas carreiras non de campionato en Suráfrica que confirmaron o seu posto no equipo Lotus en 1963. Con todo, logo dun puñado de finais no podio en eventos fóra de campionato, o seu mellor resultado no campionato do mundo foi o sexto lugar na carreira de abertura no Gran Premio de Mónaco de 1963, de cando en cando era competitivo, aínda que no rápido circuíto de Reims, no Gran Premio de Francia de 1963, marchaba en segundo lugar cando se retirou. Taylor admitiu que a súa confianza minouse a causa de dous accidentes serios en Spa e no Autódromo di Pergusa. O propietario do equipo, Colin Chapman, suxeriu que Taylor tomase un ano sabático despois do final da tempada 1963 e logo volvese a Lotus.[3][4][5] Taylor non estaba de acordo e intentou continuar como piloto de F1. Logo dunha tempada fracasada con British Racing Partnership en 1964, Taylor retirouse da competición de Fórmula Un.

Durante a súa carreira conseguiu un podio, e anotou un total de oito puntos de campionato. Tamén participou en numerosas carreiras de Fórmula Un non puntuables para o campionato do mundo durante este tempo e gañou tres, incluíndo unha compartida con Clark, en 1962 e 1963. A Taylor atribúeselle a invención da raia amarela que se estendeu polos coches de Lotus durante os anos sesenta.[6]

Despois de 1964 Taylor gozou de formas menores da competición, e probou un Cosworth de Fórmula 1 en 1969 que non chegou a participar en ningunha carreira. Nese ano comezou a F5000, Trevor Taylor foi un duro competidor no Guards Championship gañando carreiras da Fórmula 5000 nun Surtees TS5 nos Países Baixos, Dinamarca, Alemaña e Irlanda e terminou subcampión detrás de Peter Gethin na serie de Fórmula 5000 de 1969.

Taylor morreu á idade de 73 anos logo de contraer cancro.

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados fora do campionato

(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...

Vitoria compartida con Jim Clark, que se fixo cargo do coche despois de ser descualificado por empuxar o coche na saída.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads