Gran Premio de Italia de 2020
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio de Italia de 2020, oficialmente coñecido como o XC Gran Premio Heineken d'Italia 2020 foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 6 de setembro de 2020, no Autodromo Nazionale Monza en Monza, Italia. Foi a oitava carreira do campionato de 2020, o noventa Gran Premio de Italia e o septuaxésimo Gran Premio de Italia celebrado en Monza.
Remove ads
Pneumáticos dispoñibles
Cambios na regulamentación
Antes da carreira, o órgano de goberno, a Federación Internacional do Automóbil, emitiu unha directiva técnica que prohibía os modos de motor específicos para a cualificación a partir do Gran Premio de Italia. A prohibición inicialmente estaba prevista para o Gran Premio de Bélxica de 2020, pero atrasouse unha carreira.[1]
Remove ads
Práctica
A primeira sesión de prácticas interrompeuse brevemente cando Max Verstappen estrelouse na chicana de Ascari. A sesión rematou con Valtteri Bottas como o máis rápido por diante do seu compañeiro de equipo en Mercedes Lewis Hamilton e do piloto de Red Bull Alexander Albon, o terceiro máis rápido.[2]
A segunda sesión de adestramentos non tivo grandes incidentes e concluíu con Hamilton como o máis rápido, seguido de Bottas e Lando Norris de McLaren.[3]
Bottas volveu ser o máis rápido na terceira práctica, seguido de Carlos Sainz de McLaren e o seu compañeiro de equipo Norris. A sesión interrumpíuse brevemente con bandeiras vermellas despois de que Daniel Ricciardo parase o seu Renault R.S.20 cun fallo mecánico.
Remove ads
Clasificación
Lewis Hamilton logrou a pole só 0.069 segundos por diante do Mercedes do seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas. O McLaren de Carlos Sainz obtivo o terceiro posto con Sergio Pérez Mendoza cuarto por Racing Point. Max Verstappen foi o quinto no seu Red Bull seguido de Lando Norris. O resto dos dez primeiros foron o Renault co piloto Daniel Ricciardo, Lance Stroll, Alexander Albon e Pierre Gasly da AlphaTauri. Daniil Kvyat terminou 11º, con Esteban Ocon 12º e Charles Leclerc 13º para Ferrari. O Alfa de Kimi Räikkönen logrou o 14º posto con Kevin Magnussen 15º para Haas. Na Q1 quedaron eliminados Romain Grosjean, Sebastian Vettel, Antonio Giovinazzi e ambos pilotos de Williams.[4]
Clasificación da cualificación
Remove ads
Carreira
Clasificación da carreira
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads