Gran Premio de México de 2024
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio da Cidade de México de 2024 (oficialmente coñecido como Fórmula 1 Gran Premio de la Ciudad de México 2024) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 que se disputou o 27 de outubro de 2024 no Autódromo Hermanos Rodríguez na Cidade de México. A carreira foi a vixésima proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024, a vixésima segunda carreira do Gran Premio de México, e a vixésima cuarta vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950, é a cuarta carreira nomeada como Gran Premio da Cidade de México.
Remove ads
Antes da fin de semana, Max Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos con 354 puntos, 57 puntos por diante de Lando Norris segundo e 79 por diante de Charles Leclerc en terceiro lugar. McLaren, con 544 puntos, entraba nesta rolda como líder do Campionato de Construtores con Red Bull Racing e Ferrari, segundo e terceiro con 504 e 496 puntos, respectivamente.
Remove ads
- Artigo principal: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024#Inscricións.
Os pilotos e os equipos son os mesmos que a lista de inscritos da tempada con dúas excepcións:[1] Franco Colapinto, que substituíu a Logan Sargeant en Williams desde o Gran Premio italiano en diante, e Liam Lawson, que substituíu a Daniel Ricciardo en RB desde o anterior Gran Premio dos Estados Unidos.[2][3][4] Durante na primeira sesión de adestramentos, cinco equipos presentaron pilotos suplentes que non tiñan competido en máis de dous Grandes Premios, tal e como esixe o regulamento da Fórmula Un:[5]
- Robert Shwartzman en Sauber no lugar de Guanyu Zhou.[6]
- Felipe Drugovich en Aston Martin no lugar de Fernando Alonso.[6]
- Patricio O'Ward en McLaren no lugar de Lando Norris.[1]
- Andrea Kimi Antonelli en Mercedes no lugar de Lewis Hamilton.[6]
- Oliver Bearman en Ferrari no lugar de Charles Leclerc.[6]
Alonso está preparado para participar no Gran Premio número 400, o que o converte no primeiro piloto en alcanzar ese fito.[7]
Remove ads
Pneus dispoñibles
Eleccións de pneumáticos
- Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 designados como duro, medio e brando, respectivamente, que son os tres compostos máis brandos da súa gama de pneumáticos secos, para que os equipos os usen no evento.[8] A segunda sesión de adestramentos libres dedicouse a validar os compostos máis brandos da gama para 2025 que serán designados C4, C5 e C6.[9]
Cambios na pista
A zona do DRS que conduce á curva 1 reduciuse en 75 m..[10]
Práctica
Durante o evento celebráronse tres sesións de adestramentos libres. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 25 de outubro de 2024, ás 12:30 hora local (UTC–6), encabezouna George Russell de Mercedes por diante de Carlos Sainz de Ferrari e Yuki Tsunoda de RB. A sesión detívose dúas veces, con bandeira vermella, a primeira por restos na pista, cos cales impactou Andrea Kimi Antonelli de Mercedes, danando o chan do seu coche, e a segunda por un accidente no que Alexander Albon de Williams e Oliver Bearman de Ferrari. A segunda sesión de adestramentos libres, que estivo dedicada ás probas de pneumáticos Pirelli con novos compostos para 2025, celebrouse o mesmo día, ás 16:00 hora local, e encabezouna Sainz por diante de Oscar Piastri de McLaren e Tsunoda. A sesión suspendeuse con bandeira vermella polo forte accidente de Russell. A terceira sesión de adestramentos celebrouse o 26 de outubro de 2024, ás 11:30 hora local.[11]
Remove ads
Clasificación
A clasificación celebrouse o 26 de outubro de 2024 ás 15:00 hora local (UTC−6).[11]
Clasificación da cualificación
Remove ads
Carreira
A carreira celebrouse o 27 de outubro de 2024, ás 14:00 hora local (UTC−6), e tivo 71 voltas.[11]
Remove ads
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads