RB Formula One Team

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads
Remove ads

Racing Bulls S.p.A, compite como Visa Cash App RB F1 Team (abreviado a RB[6] ou VCARB), é un equipo de carreiras e construtor italiano de Fórmula 1 que compite desde a tempada 2024. É un dos dous construtores de Fórmula Un propiedade do conglomerado austríaco Red Bull GmbH, o outro é Red Bull Racing.

Máis información Nome completo, Bandeira coa que compite ...

Coñecido como Scuderia Toro Rosso de 2006 a 2019 e Scuderia AlphaTauri de 2020 a 2023, o equipo rebautizouse co seu nome actual para a tempada 2024, durante a cal foi coñecido como RB,[7] e despois pasaron a usar o seu nome completo (Racing Bulls) a partir da tempada 2025.[8][9]

O actual CEO é Peter Bayer, e o director do equipo é Laurent Mekies. Ao comezo da tempada 2024, o equipo retivo aos pilotos titulares Daniel Ricciardo[a] e Yuki Tsunoda de cando era coñecido como AlphaTauri. Ricciardo foi despedido despois do Gran Premio de Singapur de 2024 e foi substituído polo piloto júnior e reserva de Red Bull Liam Lawson.[b] Lawson ascendeu ao equipo principal de Red Bull para 2025, o piloto de Fórmula 2 Isack Hadjar ocupara o seu lugar no RB.

Remove ads

Orixes

O equipo ten as súas raíces en Minardi. Minardi competiu na Fórmula Un de 1985 a 2005, antes de ser comprado por Red Bull en 2006 para converterse no equipo irmán de Red Bull Racing. De 2006 a 2019, competiu como "Toro Rosso" e era coñecido por albergar futuros talentos de Red Bull, como o futuro catro veces campión do mundo Sebastian Vettel, o actual piloto da Scuderia Ferrari Carlos Sainz, e o tres veces campión do mundo Max Verstappen. Ademais, Toro Rosso empregara anteriormente o actual piloto Daniel Ricciardo como parte da súa formación en 2012 e 2013.[12][13]

Para o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020, Toro Rosso pasou a denominarse "AlphaTauri" para promover a [[AlphaTauri (marca de moda)|Marca de moda AlphaTauri] de Red Bull.[14] Segundo Franz Tost e Helmut Marko, o cambio de marca á Scuderia AlphaTauri tamén recoñeceu a transición de equipo júnior de Red Bull Racing a equipo irmán..[15]

O equipo pasou a denominarse Visa Cash App RB F1 Team para a tempada 2024,[16][17] acurtouse co acrónimo "VCARB".[18][19] O novo nome foi moi criticado polos fans e os medios.[20][21][22][23] Edd Straw de The Race chamouno "o peor" nome do equipo na historia da Fórmula 1" e "unha vergoña para Red Bull e a Fórmula 1 no seu conxunto", argumentando que o nome "RB" carece de "personalidade, identidade e ambición", podería facilmente confundirse con Red Bull Racing, e existe unicamente para forzar que os patrocinadores sexan mencionados con máis frecuencia.[24]

Remove ads

Historia nas carreiras

Funciona con motores Honda RBPT (2024-presente)

RB entrou no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 cos pilotos Daniel Ricciardo e Yuki Tsunoda.[18][25] O equipo continuou usando unidades de potencia Honda RBPT, despois de utilizar a unidades de potencia deseñadas por Honda desde a tempada 2018 cando nomeabase Scuderia Toro Rosso.[26][27]

No Gran Premio da China de 2024, o equipo sufriu unha dobre retirada, causada polo choque do Haas de Kevin Magnussen contra Yuki Tsunoda e o impacto de Lance Stroll coa parte traseira de Daniel Ricciardo. Ambos pilotos sufriron importantes danos nos seus difusores, e Ricciardo en particular viuse obrigado a retirarse unhas voltas máis tarde. Tsunoda sufriu danos terminais na parte traseira dereita e retirouse no acto.[28][29] Antes do Gran Premio dos Estados Unidos de 2024, Ricciardo deixou o equipo e foi substituído polo piloto reserva Liam Lawson durante o resto da tempada.[30] Despois, Lawson spasou a Oracle Red Bull Racing para substituír ao saínte Sergio Pérez, o seu lugar ocuparano o piloto de F2 e piloto junior de Red Bull, Isack Hadjar.

Motores RBPT con distintivo Ford (2026 en diante)

Co cambio das unidades de potencia do seu equipo irmán Red Bull Racing a Red Bull Ford Powertrains, o equipo RB Formula One Team tamén seguirá o exemplo e cambiará a Red Bull Ford Powertrains a partir de 2026 ata polo menos 2030.[31]

Remove ads

Resultados completos na Fórmula Un

Máis información Ano, Chasis ...

(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)

Notas
  • * – Tempada en progreso.

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads