Gran Premio de San Marino de 1986
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio de San Marino de 1986 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 27 de abril de 1986 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari en Imola, Italia. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1986 e o sexto Gran Premio de San Marino. Do mesmo xeito que na carreira do ano anterior, o consumo de combustible foi un gran problema, provocando o cambio na clasificación nas últimas voltas.
O Autódromo Dino Ferrari melloraraas condicións de seguridade respecto ao ano anterior, incluíndo leves modificacións da pista logo da chicane Variante Alta e a ampliación das zonas de escape no complexo Rivazza.
Alain Prost (McLaren - TAG) dominou a carreira logo de que Ayrton Senna (Lotus - Renault) e Nigel Mansell (Williams - Honda) se retiraran cedo, antes de case quedar sen combustible, a tres curvas da bandeira a cadros. Facendo eses freneticamente co coche para aproveitar as últimas pingas de combustible, arranxouse para que seguira funcionando o tempo suficiente para deslizarse sobre a liña e gañar a carreira (o seu compañeiro en McLaren Keke Rosberg clasificouse quinto malia correr en seco 2 voltas do final, un problema atribuído a que Rosberg usou demasiado impulso). Nelson Piquet levou a meta o seu Williams en segundo lugar só 7,645 segundos detrás de Prost, mentres que o austríaco Gerhard Berger terminou terceiro para anotar o seu primeiro podio e o do equipo Benetton na Fórmula Un.
Remove ads
Clasificación
Cualifacación
Carreira
Remove ads
Líderes por volta
Nelson Piquet 28 (1-28), Keke Rosberg 4 (29-32), Alain Prost 28 (33-60)
Notas
- Pole position: Ayrton Senna - 1:25.050[1]
- Volta rápida: Nelson Piquet - 1:28.667 on lap 57[2]
- 1º podio para Gerhard Berger e para Benetton.
- 10ª pole position para Ayrton Senna.
- 150º Gran Premio para Williams.
- 144º e última carreira de Fórmula Un para o motor Straight-4 Hart 415T.
- 1ª carreira de Fórmula Un para o motor V6 Ford-TEC. Foi o primeiro motor turbo de Ford Cosworth na Fórmula Un.[3]
Posicións logo da carreira
- Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Remove ads
Referencias
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads