Gran Premio de Suráfrica de 1980
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1980, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 1 de marzo de 1980. Foi a terceira rolda da tempada de Fórmula Un de 1980. Foi o 26º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo terceiro que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 320 quilómetros.
Remove ads
Resumo da carreira
A carreira foi gañada polo piloto francés René Arnoux pilotando un Renault RE20. Foi a segunda vitoria no Campionato Mundial de Arnoux logo da súa vitoria na carreira anterior de Brasil. Arnoux gañou por 34 segundos sobre o seu compatriota francés, o piloto Jacques Laffite que pilotaba un Ligier JS11/15. O compañeiro de Laffite no equipo Ligier, Didier Pironi, foi terceiro, completando un podio totalmente francés. Esta foi a primeira carreira desde o Gran Premio dos Estados Unidos de 1968 en ter un podio formado por pilotos dun só país. Os tres pilotos tamén pilotaban coches franceses.
A carreira foi, ademais, notable debido a dous accidentes durante a cualificación. O piloto francés Alain Prost rompeuse a boneca cando estrelou o seu McLaren M29 nas Esses logo dun fallo na suspensión. O piloto suízo Marc Surer resultou ferido moi grave cando estrelou o novo ATS D4 na curva Crowthorne ao final da recta. Surer sufriu graves feridas nas súas pernas. Ningún comezou a carreira, Prost tamén faltou na seguinte carreira, e Surer nas seguintes tres carreiras.[1][2] O novo ATS D4 estaba demasiado danado para ser reparado e con Surer lesionado, deixaron ao piloto holandés Jan Lammers un ATS D3 para tratar de cualificar.
Do mesmo xeito que na anterior carreira no Brasil, a altitude deu os Renault sobrealimentados unha vantaxe dominante en velocidade. En terceiro lugar na grella, Nelson Piquet estaba case dous segundos por detrás na clasificación no seu Brabham BT49. Jean-Pierre Jabouille e Arnoux lideraron durante gran parte da carreira ata que Jabouille sufriu unha picada na roda. Os Ligiers subiron ao podio e Alan Jones perdeu o liderado no campionato co seu Williams FW07B. Piquet terminou cuarto por diante de Carlos Reutemann no segundo Williams. O último punto foi para Jochen Mass no seu Arrows A3.
Trece coches terminaron a carreira malia que o Alfa Romeo 179 de Patrick Depailler quedou demasiado lonxe para clasificarse. Geoff Les clasificouse 13º aínda que estrelou o seu Shadow DN11 ao final da carreira.
Arnoux converteuse no novo líder por puntos do campionato, cinco puntos máis que Jones e nove por diante de Piquet. Do mesmo xeito Renault pasou a liderar o campionato de construtores por diante de Williams.
Remove ads
Clasificación
Remove ads
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980 |
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1979 |
Gran Premio de Suráfrica | Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1981 |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads