Ricardo Zunino

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ricardo Zunino
Remove ads

Ricardo Héctor Zunino, nado o 13 de abril de 1949, Cidade de San Juan, Arxentina, é un ex-piloto de automobilismo, que participou na Fórmula Un desde 1979 ata 1981.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Competiu en 11 Grandes Premios de Fórmula 1. No Gran Premio do Canadá de 1979 substituíu a Niki Lauda na escudería Brabham, chegando sétimo. Despois do Gran Premio de Francia de 1980 foi substituído por Héctor Rebaque.

En 1981 correu para Tyrrell os Grandes Premios do Brasil e a Arxentina. As súas dúas mellores actuacións foron en carreiras fóra de campionato: o Gran Premio de España de 1980 e o Gran Premio de Suráfrica de 1981, ambos con Brabham, chegando a estar segundo nesta última.

En 1979 gañou unha carreira do campionato Aurora, a bordo dun Arrows, no circuíto de Brands Hatch.

Na Arxentina tivo unha destacada actuación no Turismo Nacional, coroándose Campión Arxentino da clase "C" en 1975 e 1976, alternando un Fiat 125 cun Fiat Coupé.

Logo da súa retirada das pistas, dedicouse a negocios de hostalería na súa provincia natal.

Remove ads

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información ano, Equipo ...
Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads