Gran Premio do Brasil de 1980

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio do Brasil de 1980 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 27 de xaneiro de 1980 no circuíto de Interlagos. Foi a segunda carreira da tempada de 1980 e tamén foi o noveno Gran Premio do Brasil. Foi o oitavo que se celebrou en Interlagos e sería o último ata que o circuíto foi reconstruído substancialmente para o Gran Premio do Brasil de 1990. A carreira disputouse sobre 40 voltas ao circuíto de 7´87 quilómetros para unha distancia total de carreira de 315 quilómetros.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Remove ads

Resumo da carreira

Antes da carreira, varios pilotos, incluíndo o campión do mundo Jody Scheckter, querían boicotear o evento debido a preocupación pola seguridade do circuíto de Interlagos. O circuíto estaba cheo de fochancas (o circuíto era moi coñecido por iso) e as barreiras que rodeaban o circuíto non parecían o suficientemente adecuadas para protexer aos pilotos dos terrapléns e gabias de todo o circuíto. Aínda que Scheckter e o resto dos pilotos afectados case tiveron éxito en deter a carreira, acabou disputándose.

A carreira foi gañada polo piloto francés René Arnoux pilotando un Renault RE20. Foi a primeira vitoria no Campionato Mundial de Arnoux e a segunda do Equipe Renault, tamén a segunda dun coche turbo. Arnoux gañou por 21 segundos sobre o piloto italiano Elio de Angelis pilotando un Lotus 81. Líder nos puntos do campionato, o piloto australiano Alan Jones terminou terceiro no seu Williams FW07B.

Grazas á elevada altitude do circuíto de Interlagos, os Renault turbo de Jean-Pierre Jabouille e René Arnoux foron os dominadores, correndo 1-2 durante gran parte da carreira ata que o turbo de Jabouille fallou na volta 25. O pole Jabouille fixo unha mala saída e caeu ao cuarto lugar, pasándoo os dous Ligier JS11/15 e Gilles Villeneuve no seu Ferrari 312T5. Pero, a vantaxe da potencia de Jabouille no elevado circuíto significou que axiña adiantou aos dous Ligiers, a Jacques Laffite de inmediato na recta Retao, e a Didier Pironi en Arquibacanas ao final da primeira volta e arrebatou o liderado a Villeneuve ao final da Recta Oposta á Curva do Sol. Arnoux púxose segundo, e cando se retirou Jabouille, Arnoux tomou o liderado e mantívoo ata a bandeira a cadros.

Alain Prost (McLaren M29) e Riccardo Patrese (Arrows A3) loitaron durante gran parte da segunda metade da carreira polo quinto posto, con Prost tendo a vantaxe nas curvas mentres Patrese era máis rápido nas rectas. Ricardo Zunino (Brabham BT49) bateu con John Watson (McLaren M29) na curva 3 e trompeou. Con todo, foi capaz de recuperarse e terminar a carreira.

Pironi tivo que facer unha parada en boxes cedo, e reincorporouse na parte posterior da pista, pero, el comezou unha remontada e foi capaz de terminar cuarto. Este esforzo foi suficiente para que Enzo Ferrari tomara un interese nos servizos de Pironi, que asegurou para a tempada de Fórmula 1 de 1981.

Remove ads

Clasificación

Cualificación

Máis información Pos, Nº ...

Carreira

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Líderes por volta

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior:
Gran Premio da Arxentina de 1980
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1980
Carreira seguinte:
Gran Premio de Suráfrica de 1980
Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1979
Gran Premio do Brasil Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1981
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads