Gran Premio do Reino Unido de 1951

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio do Reino Unido de 1951 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 14 de xullo de 1951 no circuíto de Silverstone, Silverstone, Inglaterra. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1951. A carreira, disputada sobre 90 voltas foi a primeira vitoria de José Froilán González, e tamén a primeira de moitas para o equipo Ferrari. Tanto o equipo como o piloto tamén lograron a súa primeira pole position durante a fin de semana. Juan Manuel Fangio terminou segundo nun Alfa Romeo e Luigi Villoresi terceiro en Ferrari.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Remove ads

Informe

José Froilán González foi un segundo máis rápido que Juan Manuel Fangio na clasificación, logrando a primeira pole position da súa carreira. Tamén foi a primeira pole position para o equipo Ferrari, e a primeira no Campionato do Mundo (con exclusión das carreiras das 500 Millas de Indianápolis), non marcada por un Alfa Romeo. Nino Farina e Alberto Ascari cualificaron en terceira e cuarta posición, completando a primeira fila. González e Fangio saíron disparados case en paralelo desde a primeira fila da grella, seguidos de cerca polos outros Alfa Romeo e Ferraris. O piloto de Alfa Romeo Felice Bonetto, que saíu na sétima posición, foi o primeiro home na primeira curva, co Ferrari de González en segunda posición. González tomou o liderado de Bonetto na segunda volta, seguido de Fangio. Os BRM de Reg Parnell e Peter Walker foron en persecución dos líderes. O equipo chegara no último minuto, e non participara nas practicas, nin sequera clasificou para a súa primeira carreira, saíndo nas posicións 19 e 20. Na volta 6, Fangio comezou a achegarse a González, ó que lle pasou na recta na volta 10, e aos poucos comezou a afastarse. O Maserati de John James converteuse no primeiro retirado da carreira na volta 23 cun problema no radiador, pero pronto se lles uniron Luís Quirón, compañeiro de equipo en Maseratti, o Ferrari de Alberto Ascari e Farina. Farina detívose na curva da Abadía logo de 75 voltas co embrague patinándolle e o seu motor en chamas. Farina estabelecera a volta rápida na volta 38, cun tempo de 1 minuto 44 segundos, cunha velocidade media de 99´99 quilómetros por hora, asegurando un punto esa fin de semana. González volveu tomar a dianteira na volta 39 cun adiantamento na curva Becketts. Mantivo a súa vantaxe durante o resto da carreira (con exclusión dunha volta, cando entrou en boxes xusto antes de que o fixera Fangio). Os pilotos de BRM Parnell e Walker seguían correndo, a pesar de que estaban sufrindo queimaduras nas mans e nos pés, finalmente, acabarían quinto e sétimo respectivamente. González logrou a súa primeira vitoria e a de Ferrari nunha carreira do Campionato do Mundo por 51 segundos. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial (con exclusión da Indy 500), que non foi gañado por un Alfa Romeo. Con todo un Alfa aínda estaba en segundo lugar, o de Fangio, campión ao final da tempada. Luigi Villoresi levou ao segundo Ferrari ao podio despois de terminar en terceiro lugar, dúas voltas atrás. Bonetto e Parnell foron os outros dous anotadores de puntos na carreira, acabando en cuarta e quinta posición respectivamente. Ao final resultou que, González competira cun chasis e un motor máis vello que os dos seus compañeiros de equipo, Villoresi e Ascari.[1]

Remove ads

Clasificación

Cualificación

Máis información Pos, Nº ...

Carreira

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os catro mellores resultados contan para o campionato.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads