Consalvo Sanesi

From Wikipedia, the free encyclopedia

Consalvo Sanesi
Remove ads

Consalvo Sanesi, nado en Terranuova Bracciolini (Arezzo) o 28 de marzo de 1911, e finado en Milán o 28 de xullo de 1998, foi un piloto de automobilismo italiano.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Foi piloto de probas de Alfa Romeo F1 despois da segunda guerra mundial, e competiu en carreiras cos coches Alfa Romeo Tipo 158/159 no período anterior a creación do Campionato Mundial de Fórmula Un.[1] Competiu en cinco Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutando o 3 de setembro de 1950. Aínda que, na súa época, a súa experiencia cos autos significaba que era a miúdo un dos homes máis rápidos na pista de carreiras, dalgunha maneira isto raramente se traduciu en bos resultados. Logrou só 3 puntos de campionato. Atopou o éxito nas carreiras de automóbiles deportivos, continuando ata mediados da década de 1960.

En 1953, logrou a velocidade media máis rápida da etapa da Mille Miglia, 181´5 km/h, superando a grandes pilotos como Nino Farina e Juan Manuel Fangio, pero nesta ocasión o seu automóbil rompeu e non conseguiu rematar.[2] Un ano máis tarde gañou na súa clase a Carreira Panamericana.

Sanesi participou cun Alfa Romeo na carreira Panamericana de novembro de 1954 en México. Na clase europea de turismo da carreira liderou cun tempo total de 8 horas, 29 minutos e 24 segundos. Foi superado polos seus compatriotas italianos de Alfa Romeo, Sergio Mantovani e Mario Della Favera.[3] Un par de días despois Sanesi logrou unha vantaxe de 17 minutos no seu coche, co Alfa Romeo acadando as primeiras cinco posicións da división de coches de turismo europeos.[4]

Deixou as carreiras de primeira liña tras sufrir un accidente case mortal durante a carreira das 12 horas de Sebring, cando tras un choque, o seu Alfa Romeo Giulia TZ estalou en chamas. Só as accións rápidas e valentes de Jocko Maggiocommo, un compañeiro piloto que miraba a carreira ao bordo da pista, que se meteu nás chamas e sacou a Sanesi, salváronlle a vida. Sanesi foi emparellado co piloto Roberto Bussinello no evento.[5]

Maggiacomo recibiu o premio "Gentleman of the Road" (cabaleiro da pista) en novembro de 1964 polo seu esforzo no rescate de Sanesi. Maggiacomo foi o propietario da tenda de velocidade de Jocko en Poughkeepsie, Nova York. A mención presentouna o Milan Automobile Club.[6]

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads