José Froilán González
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José Froilán González, nado en Arrecifes o 5 de outubro de 1922 e finado en Buenos Aires o 15 de xuño de 2013, foi un piloto arxentino de Fórmula 1. Foi o primeiro piloto en conseguir unha vitoria para Ferrari nun Gran Premio de Fórmula 1, en 1951 en Gran Bretaña.

Remove ads
Traxectoria
Froilán debutou na F1 no Gran Premio de Mónaco en 1950 conducindo un Maserati coa escudería Achille Varzi. En 1951 mudouno por un Talbot-Lago, participando nun par de carreiras antes de pasar ao equipo da Ferrari. Nesa tempada conseguiu 27 puntos, clasificándose terceiro da xeral cunha vitoria no GP de Gran Bretaña. En 1952 volveu ao Maserati finalizando en 1953 sexto con 13.5 puntos. En 1954 volve de novo aos mandos dun Ferrari, esa foi a súa mellor tempada quedando segundo con 26.64 puntos. En 1955 seguiu na Ferrari pero só tivo dous puntos en toda a tempada. Na tempada 1956 deixou a Ferrari para volver ao Maserati pasándose ao final da tempada a un Vanwall, sen acadar punto ningún. En 1957 volveu á Ferrari, mais non puido repetir éxitos pasados. Retirouse en 1960.
Remove ads
Resultados completos na Fórmula 1
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads