Guillermo Ochoa

futbolista mexicano From Wikipedia, the free encyclopedia

Guillermo Ochoa
Remove ads

Francisco Guillermo Ochoa Magaña (Guadalaxara, Xalisco, México, 13 de xullo de 1985) é un futbolista mexicano, xoga como gardameta e o seu actual equipo é o Standard Lieja do Prol League de Bélxica.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Francisco Guillermo Ochoa Magaña.
Remove ads

Traxectoria

Iniciouse futbolisticamente no Club América en 2004; posteriormente trasladouse a Francia coa AC Ajaccio, Foi o primeiro gardameta mexicano en xogar en Europa.[1] Tivo a posibilidade de xogar na selección do Resto do mundo xunto con estrelas como: Roberto Carlos Abbondanzieri, Carles Puyol, David Beckham, Alessandro Nesta, Ronaldinho, Cristiano Ronaldo, Raúl González e Javier Zanetti, entre outros.[2] Ademais, logrou aparecer na lista do Balón de Ouro 2007 no lugar 30 con 1 voto a favor, logrando así ser o primeiro mexicano en saír en dita lista.

Asistiu a 4 mundiais coa selección mexicana. Nos dous primeiros non logrou participar, sendo o terceiro porteiro en Alemaña 2006 e segundo porteiro en Suráfrica 2010. Para o mundial do Brasil de 2014 e o de Rusia de 2018 foi elixido como porteiro titular.[3][4]

AC Ajaccio

O 8 de xullo de 2011, confirmouse a fichaxe de Ochoa, asinando un contrato por tres anos coa AC Ajaccio de Francia, sendo así a contratación forte do club para dita tempada.[5] Os seus primeiros 2 partidos foron amigables, o primeiro foi ante o FC Bordeaux no que perdeu o equipo de Ochoa por 2-1. O segundo foi ante a Real Sociedad de Fútbol, no que tamén perderon pero esta vez por un 4-0. Fixo o seu debut en Ligue 1 contra o Toulouse FC. perdendo por 2-0.

Málaga C.F.

Thumb
Guillermo Ochoa adestrando xunto cos seus compañeiros no partido de liga que disputou fronte ao Deportivo da Coruña.

O 1 de agosto de 2014 confírmase a súa chegada ao Málaga C.F. por tres anos coa carta de liberdade, tras máis dun mes de reflexión e intereses doutros equipos españois como a Real Sociedad de Fútbol, o Getafe Club de Fútbol ou mesmo do Club Atlético de Madrid.[6] Chega ao Málaga co cartel de fichaxe estrela tras a súa gran actuación na Copa do Mundo. Con todo non conseguiu facerse coa titularidade.

Selecta C.F.

O 22 de xullo de 2016 despois de 2 anos de pouca actividade e faltando un ano de contrato co club, Ochoa foi cedido por unha tempada ao Selecta C.F.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads