Gundoaldo
Duque de Asti From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gundoaldo, finado en Asti sobre o 615, foi un longobardo, primeiro duque de Asti do 589 ao 615 aproximadamente.
Remove ads
Traxectoria
Gunduald etiam, germanus Theodolindae reginae, qui erat dux in civitate Astensi, nemine scientem auctorem mortis ipsius, hoc ipso in tempore sagitta ictus interiit.Tamén Gundoaldo, irmán da raíña Teodolinda, que era duque de Asti, morreu naquela mesma época, alcanzado por unha frecha, sen que nunca se soubese quen fora o seu asasino.
Irmán da raíña Teodelinda e fillo do duque de Baviera Garibaldo I e de Waldrada (á súa vez filla de Wacho, rei dos longobardos entre o 510 e o 540), tivo dous fillos, Gundeperto e Ariperto (nalgúns textos chamado Chairiberto), tamén eles reis dos longobardos posteriormente. Despois do matrimonio da irmá co rei Autari, celebrado en Verona o 15 de maio de 589, Gundoaldo foi nomeado duque de Asti[1].
Tras a morte de Autari, poucos meses despois do matrimonio, Teodolinda volveu casar co duque de Turín, Axilulfo, que foi coroado rei en Milán en maio de 591. Na súa Crónica o historiador franco Fredegario conta que, sendo o duque de Asti moi amado polos seus súbditos, representaba unha posíbel insidia pola sucesión do reino longobardo e que por iso foi asasinado, por orde da "facción" real.
Paulo Diácono e a Origo, a tal propósito falan dunha revolta dalgúns duques longobardos (Mimulfo, Gaidulfo, Ulfari) calmada con éxito polo exército real: mesmo isto podería ser a referencia de Fredegario, cando fala de faccións reais:
Agone regi e Teudeline, cum ipsum iam zele tenerunt, ubi ad ventrem purgandum in faldaone sedebat sagitta saucius moritur.Odiou á facción de Agón[2] e Teodolinda, por causa de celos; así que el acabou morto por unha frecha.Fredegario, Crónica
Á morte de Gundoaldo non se sabe que fin fixo Gundeperto, mentres Ariperto probabelmente sucedeu ao pai na rexencia do ducado de Asti[3]. Pola crónica de Paulo Diácono sábese que subiu ao trono longobardo despois da morte de Rodoaldo, fillo de Rotario, no 653.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads