Gus Grissom

Astronauta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Gus Grissom
Remove ads

Virgil Ivan "Gus" Grissom, nado en Mitchell, Indiana, o 3 de abril de 1926 e finado o 27 de xaneiro de 1967, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Mercury-Redstone 4 e Gemini 3.[1][2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Grissom graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade Purdue. Recibiu as súas ás como membro da Forza Aérea en marzo de 1951. Acadou o rango de tenente coronel, voou en 100 misións de combate na guerra de Corea. Ao seu regreso aos Estados Unidos, en 1952, foi nomeado instrutor de avións a reacción en Bryan (Texas). En agosto de 1955 entrou no Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea na base Wright-Patterson, en Ohio. En outubro de 1956 deu clases na escola de pilotos de proba da base Edwards, volvendo a Wright-Patterson en maio de 1957 como piloto de probas.[1][2]

Grissom foi un dos sete astronautas seleccionados pola NASA en abril de 1959 para o proxecto Mercury. Pilotou a cápsula Liberty Bell 7 durante a misión suborbital Mercury-Redstone 4 o 21 de xullo de 1961, un voo que durou 15 minutos e 37 segundos. Foi comandante da primeira misión tripulada do programa Gemini o 23 de marzo de 1965, a Gemini 3, unha misión na que a cápsula deu tres voltas á Terra.[1][2]

Virgil Grissom faleceu o 27 de xaneiro de 1967 durante unha proba en terra da cápsula Apollo ao incendiarse o seu interior e non poder escapar. En honor aos astronautas falecidos a proba sería denominada Apollo 1.[1][2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads