Harry Styles
cantante e actor británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Harry Edward Styles, nado en Holmes Chapel, Cheshire o 1 de febreiro de 1994, é un cantante e compositor británico máis coñecido como Harry Styles. Foi membro da boy band One Direction.[1] Tras facer unha audición en The X Factor e ser aceptado, a xuíza Nicole Scherzinger suxeriu que Harry formase parte dun grupo chamado One Direction xunto con Zayn Malik, Niall Horan, Liam Payne e Louis Tomlinson. A creación do grupo fíxose realidade e os cinco foron apadriñados por Simon Cowell. A agrupación chegou á final do programa e quedaron no terceiro lugar. Aínda que non gañaron, Cowell pagou un contrato para que asinasen co selo discográfico Syco.[2][3]
Cando mozo, formou unha banda chamada White Eskimo xunto aos seus amigos Haydn Morris, Nick Clough e Will Sweeney da Holmes Chapel Comprehensive School e gañaron un concurso realizado alí en 2009.[2] Con todo, a agrupación disolveuse debido a que Harry fixo a audición para The X Factor e foi integrado en One Direction, aínda que afirmou que se manteñen en contacto por mensaxes de texto.[4] Entre as súas influencias musicais, atópanse a banda Coldplay, o solista Elvis Presley e o actor David Hasselhoff.[2] Na súa carreira con One Direction compuxo temas como «Taken», «Everything About You», «Same Mistakes», «Back for You» e «Summer Love», pertencentes aos álbums Up All Night e Take Me Home.[5] Gañou por dous anos consecutivos o premio ao vilán do ano nos NME Awards.[6][7] Styles fixo o seu debut no cinema no filme de Christopher Nolan Dunkerque (2017), que foi un grande éxito comercial.
Remove ads
Traxectoria
1994-2010: primeiros anos e audición en The X Factor
Harry Styles naceu o 1 de febreiro de 1994 na vila de Holmes Chapel, situado en Cheshire, Reino Unido, baixo o nome de Harry Edward Styles. É fillo de Deas Styles e Anne Cox, e irmán máis novo de Gemma Styles. Os pais de Harry divorciáronse cando el tiña só sete anos e a súa nai comentou que sempre o apoiou en todo.[8] Estudou na Holmes Chapel Comprehensive School, onde formou a súa propia banda chamada White Eskimo xunto aos seus amigos Haydn Morris, Nick Clough e Will Sweeney.[2] En 2009, participaron na «Batalla de Bandas» e resultaron gañadores.[4][9] Tamén traballou nunha panadaría durante un tempo.[4]

Aínda que sempre mostrou interese pola música, dixo que tamén lle gustaría ser avogado ou fisioterapeuta. Durante un tempo, tivo un traballo a media xornada nunha panadaría de Cheshire. En 2010, Harry fixo unha audición para The X Factor coa canción «Isn't She Lovely» de Stevie Wonder e resultou elixido.[2] Por isto, a súa banda tivo que separarse. Porén, os amigos de Harry afirman que aínda se manteñen en contacto con el por medio de mensaxes de texto.[4]
2010-presente: One Direction e bases de carreira como solista

Tras facer a audición para The X Factor, a xuíza Nicole Scherzinger suxeriu que Harry formase parte dun grupo chamado One Direction xunto con Liam Payne, Zayn Malik, Niall Horan e Louis Tomlinson. A creación do grupo fíxose realidade e os cinco foron apadriñados por Simon Cowell. Durante a competencia, a banda interpretou distintos temas como «My Life Would Suck Without You» de Kelly Clarkson e «Total Eclipse of the Heart» de Bonnie Tyler, o que os converteu nun dos favoritos para gañar o concurso. Con todo, quedaron no terceiro lugar, detrás de Rebecca Ferguson e o gañador Matt Cardle. A pesar de non gañar, Cowell pagou un contrato de dous millóns de libras para que One Direction asinase co selo discográfico Syco.[3]
En 2011, lanzaron o seu primeiro álbum de estudio, Up All Night, que chegou ao número un do Billboard 200, o que converteu a One Direction no primeiro grupo británico que o conseguiu co seu primeiro álbum.[3] O seu primeiro sinxelo, «What Makes You Beautiful», alcanzou o número un en Irlanda, México e o Reino Unido.[10][11][12] Os sinxelos posteriores, «Gotta Be You», «One Thing» e «More than This», contaron cun éxito moderado, sendo exitosos nalgúns países, pero fracasos noutros.[13][14][15] Para promocionar o disco, embarcáronse no Up All Night Tour e sacaron un DVD da xira, chamado Up All Night: The Live Tour.[16][17]
En novembro de 2012, lanzaron o seu segundo álbum, Take Me Home.[18] Este contou cunha recepción mellor á de Up All Night, xa que chegou ao número un no Reino Unido, sendo o primeiro disco do grupo que o logra.[12] Tamén alcanzou o primeiro posto en Australia, Canadá, os Estados Unidos, Irlanda e Nova Zelandia.[19][20][21][22] Os dous primeiros sinxelos deste disco, «Live While We're Young» e «Little Things», tiveron unha boa acollida. O primeiro, alcanzou o primeiro posto en Irlanda e Nova Zelandia, mentres que o segundo chegou ao primeiro posto no Reino Unido.[12][23][24] O terceiro e último sinxelo, «Kiss You», fracasou en vendas na maioría dos países e non logrou posicións destacadas en comparación cos dous lanzamentos previos de One Direction.[25] Por outra banda, xuntos iniciaron a súa segunda xira Take Me Home Tour, que percorreu catro continentes e ademais parte dela foi gravada para a súa primeira película documental dirixida por Morgan Spurlock, chamada This is Us.[26]
Noutras actividades, realizaron unha mestura de «One Way or Another» de Blondie e «Teenage Kicks» de The Undertones chamada «One Way or Another (Teenage Kicks)», co fin de axudar a recadar fondos para a organización Cómic Relief.[27][28] A finais de marzo, acabado o Take Me Home Tour, Harry decidiu viaxar aos Ánxeles, California, onde pasou parte do seu tempo compoñendo e gravando cancións nun dos estudios Paramount en Hollywood.[29][30][31] Porén, amigos achegados do cantante afirmaron ao xornal Daily Mirror que a prioridade do cantante era One Direction e que non planeaba lanzar un disco proximamente.[32] Logo, en abril, o representante de One Direction asegurou que non se atopaba traballando nun primeiro disco como solista, senón que simplemente estaba a expor novas ideas para o terceiro disco do grupo.[33]
Remove ads
Vida persoal
O cantante confesou que as súas maiores influencias son as bandas The Beatles, Coldplay, o solista Elvis Presley e o actor David Hasselhoff.[2] Frecuentemente é coñecido pola imaxe de mullereiro que lle deu a industria, tendo gran número de noivas, entre estas, a presentadora Caroline Flack, a actriz Emily Atack, a modelo Emma Ostilly e a cantante de country Taylor Swift.[2][34] No entanto, rumoreouse que era homosexual ou bisexual, debido a que supostamente mantiña unha relación con Louis Tomlinson, outro membro de One Direction no que admite ter un crush.[35] Respecto diso, Louis declarou que ao principio era un tema divertido, pero que agora é difícil de tratar xa que supostamente estaba saíndo con Eleanor Calder, unha estudante da Universidade de Manchester. Tamén engadiu que el e Harry son agora mesmo bos amigos, mentres que Harry, pola súa banda, só declarou que unha inconformidade con poñer etiquetas á súa orientación e identidade.[36] Por outra banda, o cantante dixo que sofre de ofidiofobia (medo ás serpes) e o seu lema é «traballar duro, xogar duro, ser amable».[2]
En canto ás súas múltiples relacións, díxose que a maioría foron de carácter comercial. A súa relación con Caroline Flack atraeu a atención de varios medios xa que a diferenza de idade entre ambos era bastante grande.[37] Igualmente, en xaneiro de 2013, tras a ruptura de Harry e Taylor Swift, houbo un aumento na venda dos boletos para a segunda xira de One Direction, o que moitos xornais interpretaron como unha estratexia comercial.[38][39]
Remove ads
Discografía
- Harry Styles (2017)
- Fine Line (2019)
- Harry’s House (2022)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads