Kendall Jenner

Personalidade de televisión e modelo From Wikipedia, the free encyclopedia

Kendall Jenner
Remove ads

Kendall Nicole Jenner, nada nos Ánxeles o 3 de novembro de 1995, é unha personalidade de televisión e modelo estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Dende 2007 protagonizou o programa de telerrealidade Keeping Up with the Kardashians. O seu éxito levouna a ela e á súa familia a alcanzar a fama mundial.[1][2] No 2009, aos 14 anos, comezou a súa carreira de modelo. Posa e desfila para diversas marcas e no 2017 foi nomeada a modelo mellor pagada segundo Forbes, destronando así a quen levaba liderando a lista por máis dunha década, Gisele Bündchen.

Remove ads

Familia

O seu pai é o medallista olímpico Bruce Jenner, agora Caitlyn Jenner despois do seu cambio de sexo, e a súa nai é Kris Houghton. Ten unha irmá máis nova, Kylie e catro medio-irmáns do primeiro matrimonio da súa nai, (Kourtney, Kim, Khloé e Rob).

Kendall estivo relacionada sentimentalmente no pasado con celebridades coma Drake, Justin Bieber ou Harry Styles. En 2018 comezou unha relación co xogador de baloncesto Ben Simmons.[3]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads