Henning Mankell
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Henning Mankell, nado en Estocolmo o 3 de febreiro de 1948[1] e finado o 5 de outubro de 2015[2], foi un escritor e dramaturgo sueco. Gozou de sona internacional debido á súa serie de novelas sobre o inspector Kurt Wallander [3].

Remove ads
Traxectoria
Aínda que nado en Estocolmo, pasou a súa infancia nas vilas de Sveg e Borås [1]. Con 20 anos principiou a súa carreira como autor e axudante de dirección no Riks Theater de Estocolmo, colaborando posteriormente con outros teatros de Suecia [4]. As súas primeiras obras teatrais pretendían ser unha forma de denunciar as desigualdades da sociedade da época [5]. Durante parte da década de 1980 foi o director do Kronobergsteatern de Väjxö, onde obtivo un salientábel éxito de audiencia ao apostar por producir só obras de teatro suecas [5]. En 1985 fundou o Teatro Avenida en Maputo (Mozambique) [4], onde residiu parcialmente os derradeiros anos da súa vida. En 2001 cofundou a súa propia editorial – Leopard Publishing House [5] - coa intención de apoiar novos talentos tanto de África como da propia Suecia [4].
Os seus libros están traducidos a 41 idiomas e levan vendido máis de 30 millóns de copias en todo o mundo [6]. Contou tamén no seu haber con numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil, traballo que lle reportou en Suecia a mesma popularidade que a súa serie de novela negra.
En outubro de 2015 faleceu, vítima dun cancro de pulmón[7], diagnosticado en 2013. Estivo casado con Eva Bergman, filla do cineasta Ingmar Bergman [1].
Remove ads
Obra
Serie Kurt Wallander
O protagonista deste conxunto de novelas é un inspector de policía, Kurt Wallander, que vive e traballa en Ystad, no sur de Suecia. Á marxe dos escabrosos asasinatos cos que se teñen que enfrontar el e mais os seus colaboradores, Mankell vai presentando a personalidade do inspector ao longo da serie. Así, aparecen as súas reflexións persoais, coma a tormentosa relación co seu pai, a soidade post-divorcio, o distanciamento coa súa filla Linda, os seus problemas de saúde ou as precarias condicións do seu traballo coma policía; por outra banda, Mankell sérvese do personaxe para poñer de manifesto algúns dos problemas que, ao seu entender, afectan cada vez máis á sociedade sueca, coma o aumento da violencia ou a inmigración [1]. As obras que conforman esta serie son[8][9]:
- Mördare utan ansikte (Asasinos sen rostro,1991)
- Hundarna i Riga (Os cans de Riga, 1992)
- Den vita lejoninnan (A leona branca, 1993)
- Mannen som log (O home sorrinte,1994)
- Villospår (A falsa pista, 1995)
- Den femte kvinnan (A quinta muller, 1996)
- Steget efter (Pisando os talóns, 1997)
- Brandvägg (Devasa, 1998)
- Pyramiden (A pirámide, 1999), un conxunto de relatos curtos que corresponden á vida do inspector antes do inicio da serie (1969 a 1989)
- Innan frosten (Antes de que xee, 2002), onde a protagonista é Linda Wallander, a filla do inspector, que ingresa no corpo de policía e debe afrontar o seu primeiro caso.
- Den orolige mannen[10] (O home inquieto , 2009), a derradeira obra da serie Kurt Wallander segundo o autor [11].
Outras obras de novela negra
- Danslärarens återkomst (O retorno do profesor de baile, 2000), onde o protagonista, Stefan Lindman, formará parte do equipo de colaboradores de Wallander en Innan frosten.
- Kennedys hjärna (O cerebro de Kennedy, 2005)
- Kinesen (O chinés, 2008)
Obras de ficción
- Comédia infantil (1995)
- Vindens son (O fillo do vento, 2000)
- Tea-Bag (2001)
- Djup (Profundidades, 2004)
- Italienska skor (Zapatos italianos, 2006)
Triloxía sobre Sofía
Nestas tres obras Mankell conta a historia de Sofía, unha rapaza de Mozambique que sobreviviu a unha mina antipersoa [12]. A súa historia é a da loita contra a pobreza e a inxustiza nun país que se atopa entre os máis pobres do mundo.
- Eldens hemlighet (O secreto do lume, 1995)
- Eldens gåta (Xogar con lume, 2001)
- Eldens vrede (A ira do lume, 2005)
Serie Joel Gustafson
Catro obras narran a vida de Joel, abandonado pola súa nai e criado polo seu pai, centrándose nos acontecementos que o fan evolucionar de neno a home [13].
- Hunden som sprang mot en stjärna (O can que corría cara unha estrela, 1990)
- Skuggorna växer i skymningen (Sombras na penumbra,1991)
- Pojken som sov med snö i sin säng (Cando caeu a neve, 1996)
- Resan till världens ände (Unha viaxe á fin do mundo, 1998)
Remove ads
Recoñecementos
- Premio"Nils Holgersson" (1991) por Hunden som sprang mot en stjärna [14]
- Premio "Academy of Swedish Crime Writers" (1991) por Mördare utan ansikte [4]
- Premio "Scandinavian crime society: The Glass key" (1991) por Mördare utan ansikte [4]
- "Deutscher Jugendliteraturpreis" (1993) por Hunden som sprang mot en stjärna [14]
- Premio "Academy of Swedish Crime Writers" (1995) por Villospår [15]
- Premio "Swedish Radio 1" (1996) por Comédia infantil [16]
- Premio "City of Berlin" (1997) ó mellor libro infantil non alemán por Eldens hemlighet [16]
- Premio "British Crime Writers Association: Golden Dagger" (2001) por Villospår[17]
- "Gumshoe Award" (2004) á mellor novela negra europea por Danslärarens återkomst [17]
- "II Premio Pepe Carvalho" (2007) pola súa traxectoria no ámbito da novela negra [18]
- "XV Premio Arcebispo San Clemente" (2010) pola súa novela Kinesen (O chinés) [19]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads