Hidroxilisina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Hidroxilisina
Remove ads

A hidroxilisina (Hyl) é un aminoácido coa fórmula molecular C6H14N2O3. É un aminoácido non proteinoxénico, é dicir, non está codificado no código xenético, pero orixínase nas proteínas por modificación postraducional da lisina. Foi descuberto en 1921 por Donald Van Slyke en forma de 5-hidroxilisina.[1] Aparece principalmente formando parte da proteína coláxeno.[2] e doutras proteínas animais con dominios de coláxeno. O grao de hidroxilación dos residuos de lisina no coláxeno depende do tipo de coláxeno de que se trate; no coláxeno tipo III o 17% das lisinas están hidroxiladas, no tipo IV o 90% e no VI o 80%.[3]

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...

Biosintetízase a partir da lisina por medio dunha oxidación realizada por encimas lisil hidroxilases. A forma máis común é o estereoisómero 5R, cun grupo OH no carbono 5, que se encontra no coláxeno. Porén, atopouse recentemente que a proteína nuclear do xene JMJD6 (jumonji domain-containing 6 protein) é unha lisil hidroxilase que modifica un factor de splicing do ARN, que produce o estereoisómero 5S[4]. Ademais, en E. coli, identificouse polo menos un encima lisina N-hidroxilase, denominado IucD.[5]

Os grupos hidroxilo da hidroxilisina no coláxeno estabilizan enlaces intra e intermoleculares e serven de punto de unión de carbohidratos.[3]

Unha das causas da síndrome de Ehlers-Danlos é unha deficiencia en hidroxilisina.[6][7]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads