Iocoama

cidade capital da prefectura de Kanagawa, Xapón From Wikipedia, the free encyclopedia

Iocoamamap
Remove ads

Iocoama[1], ou Yokohama[2], (横浜市, よこはまし, Yokohama-shi) é a capital da prefectura de Kanagawa, na rexión de Kantō, na illa de Honshū, no Xapón. Forma parte da Área do Gran Toquio. O concello ten 437.35 km² de superficie e conta cunha poboación de 3 631 773 habitantes (2008). En orixe unha vila mariñeira, a cidade desenvolveuse como un importante porto tras a fin do illamento do Xapón a finais do século XIX e a apertura do seu porto aos estranxeiros o 2 de xuño de 1859. Iocoama converteuse nunha importante base do comercio exterior co Xapón, os estranxeiros ocuparon un barrio da cidade, chamado "Kannai", onde estaban protexidos por un status de extraterritorialidade. Tras a Restauración Meiji en 1868, a cidade cambiou rapidamente, construíronse liñas de ferrocarril para enlazar a cidade con Shinagawa e Shinbashi en Toquio.

Datos rápidos Himno, Símbolo oficial ...
Thumb
Iocoama.
Thumb
Barco Museo "氷川丸"
Remove ads

División administrativa

O concello de Iocoama divídese en 18 distritos (ku):

  • Aoba-ku (青葉区)
  • Asahi-ku (旭区)
  • Hodogaya-ku (保土ヶ谷区)
  • Isogo-ku (磯子区)
  • Izumi-ku (泉区)
  • Kanagawa-ku (神奈川区)
  • Kanazawa-ku (金沢区)
  • Kōhoku-ku (港北区)
  • Kōnan-ku (港南区)
  • Midori-ku (緑区)
  • Minami-ku (南区)
  • Naka-ku (中区)
  • Nishi-ku (西区)
  • Sakae-ku (栄区)
  • Seya-ku (瀬谷区)
  • Totsuka-ku (戸塚区)
  • Tsurumi-ku (鶴見区)
  • Tsuzuki-ku (都筑区)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads