Río Yangtzé

río da China, o terceiro máis longo do mundo From Wikipedia, the free encyclopedia

Río Yangtzémap
Remove ads

O Yangtzé (en chinés tradicional: 長江; en chinés simplificado: 长江; en pinyin: Cháng jiāng; lit. "río longo") é o río máis importante en lonxitude da China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas. É, así mesmo, o máis longo de Asia. Polo seu caudal medio é o cuarto río máis caudaloso da Terra, tras o Amazonas, o Congo e o Paraná-La Plata. Na súa conca, de case 1.800.000 km² de área, viven uns 350 millóns de habitantes.[1] É navegábel nunha lonxitude de 2.800 km desde a Shanghai, na desembocadura, até Panzhihua, situándose no medio importantes cidades como Nanjing, Wuhan ou Chongqing, as tres antigas capitais chinesas.

Datos rápidos Tipo, Inicio ...
Thumb
Meandro do Yangtzé en Yunan: o río vira para o norte
Remove ads

Nomes

O seu nome oficial en chinés é Chang Jiang, que quere dicir simplemente «río longo». Adoita denominarse tamén Yangzi Jiang (en pinyin Yángzǐ Jiāng), que corresponde coa antiga transcrición Wade-Gilles Yang-tze-kiang; este nome alternativo é usado na zona do seu curso final e foi a primeira coñecida polos europeos, e ten sido traducido erradamente como Río Azul. En cantonés a súa denominación é Cheung Kong. En tibetano é coñecido como Dri Chu ou "Río da femia de iak" (dri designa o iak femia).

Remove ads

Xeografía

Thumb
Cultivo en socalcos na Garganta do Salto do Tigre (Yunnan) en 2005
Thumb
O Yangtzé en Wuhan

Curso alto

O Yangtzé nace a 5.405 m de altitude, no glaciar Gangjiajubu[2], sito na cara sur do pico Geladandong (6.621 m), que forma parte do cordal Tanggula Shan, na provincia de Qinghai. Aquí é denominado río Tuotuo, comezando xa a recoller os primeiros tributarios por baixo dos 5.000 m de altura.

Thumb
Glaciar na cabeceira do Tuoto

Moi encaixado, corre cara ao sur, delimitando a fronteira entre o Tíbet e a provincia chinesa de Sichuan, nun curso practicamente paralelo ao Mekong e ao Saluen. Aquí e denominado Jinsha (ou "río das areas douradas"). Nesta rexión atravesa as gargantas do Salto do Tigre, un canón de máis de 2.000 m de profundidade.

Curso medio

Nas proximidades da cidade de Dongchuan, vira bruscamente para o norte, serpenteando polos montes Hengduanshuan en Yunnan. Logo vira de novo, esta vez para o leste, e recibe importantes afluentes como o Yalong, o Min e o Jialing, que o transforman nun xigantesco curso de auga lamacento, impetuoso e cargado de refugos e lixos, orixinados polos 120 millóns de habitantes e labregos da conca de Sichuan.

Atravesa a inmensa aglomeración de Chongqing, a cuxa altura se lle xunta o Jialing, unha das maiores cidades do interior da China, con máis de 5 millóns de habitantes, pero que é tamén un gran foco contaminador.

Xusto na altura desta metrópole, o Yangtzé atravesaba as Tres Gargantas, tres enormes canóns no curso medio, e onde se construíu o que constitúe un dos maiores encoros do planeta. As Tres Gargantas forman un espectáculo extraordinario que atrae numerosos turistas, posibilitando o desenvolvemento da industria turística, baseada na navegación entre Chongqing e Yichang. As gargantas ofrecen unha atmosfera misteriosa, en especial cando a brétema e o orballo forman pinguiñas que envolven os cantís e as penedías rochosas que enmarcan o río. Na época das choivas estivais, o nivel das augas pode subir máis de 100 metros, tornando a navegación moi perigosa.

Curso baixo

Pasado ese tramo, o Chang Jiang continúa o seu curso cara á costa, mais agora anchéase e móvese con maior vagar, atravesando varios grandes lagos como os de Poyang e de Dongtin. Neste sector era onde se comezaban a ver os golfiños de auga doce (Lipotes vexillifer), practicamente xa dados por extintos. Porén, aínda se poden ver esturións, cullereiros e os crocodilos da China (Alligator sinensis).

En achegándose á costa do Mar da China oriental o río serpentea a través dos seus «nove meandros con forma de intestino» antes de desaugar nun enorme delta, ocupado por terras agrícolas, lagos e estanques, numerosos illotes e millares de hectáreas de canaveirais. Na desembocadura érguese a cidade portuaria de Shanghai, a maior metrópole chinesa. Ademais, está a conformarse a conurbación do Delta do Yangtzé.

Explotación hidroeléctrica

O encoro das Tres Gargantas, en Yichang (宜昌), Hubei, está sobre o Yangtzé. Levántase no límite da rexión montañosa do alto Yangtzé e a chaira do Yangtzé medio, onde agora está o encoro de Ghezouba, nun punto no que o río posúe un caudal de 14.300 mModelo:Exp/s. A potencia prevista para o ano 2009 é de 22.500 MW. A central debería producir, a partir de entón, arredor de 85 TWh de electricidade por ano, é dicir 85.000 millóns de kw/h.

O Encoro das Tres Gargantas foi proposto polo político chinés Sun Yat-sen en 1919. O sitio foi inspeccionado en 1932 e 1939 polos chineses e xaponeses, respectivamente. Os xaponeses deseñaron un plan (o plan Otani) para o encoro, para despois decatarse de que seguiría baixo control chinés. Máis tarde, en 1944, os Estados Unidos axudaron a planificar o encoro, pero todo traballo cesou en 1947 debido á Guerra Civil Chinesa. En 1949 reanudáronse os traballos de planificación, aínda que moi lentamente debido aos problemas económicos do país.

En 1980 os traballos de planificación ían a bo ritmo, pero en 1992 moita xente votou en contra do encoro. Porén, o goberno aprobou o proxecto, e o 14 de decembro de 1994 comezaron as obras. O encoro xa estaba a plena capacidade a finais de 2008.

Outro importante encoro, o de Xiluodu, está en curso de construción a 770 km río arriba, entre os distritos de Yongshan, provincia de Yunan, e de Leibo, provincia de Sichuan. A misión desta presa é aliviar a presión que o Yantzé exercerá sobre o encoro das Tres Gargantas. A inauguración da central completa está prevista para 2015, cunha potencia de 12.600 MW[3][4].

Remove ads

Hidrometría

Caudais medios do Yantgsé (en m³/s) medidos na estación hidrométrica de Datong
(Datos calculados no período de 1923-86, 64 anos)

Afluentes

O Yangtzé conta con máis de 700 tributarios, mais os principais son[5]:

Thumb
Presa do encoro das Tres Gargantas.
  • Pola dereita:
    • Wujiang, con 1.018 km de percorrido.
    • Lishui.
    • Yuangjiang.
    • Zijiang.
    • Xiangjiang, ten 801 km de lonxitude.
    • Gangjiang, cun percorrido de 760 km.
  • Pola esquerda:
    • Yalong ou Yalongjiang, de 1.187 km de curso.
    • Ninjiang.
    • Hanjiang, con 1.532 km de lonxitude.
    • Huaihe.
O río Yangtsé e os seus afluentes
 
Ramal Nome do afluente Chinés Lonxitude (km) Conca (km²) Caudal (m³/s) Desembocadura Provincias que atravesa
Cabeceiras-DSistema JinshaTongtianTuotuo[6]340.000Yangtsé
--Jinsha (Chang Jiang)长江 - 金沙江2.308340.00031.900Yangtsé
---Río Guan (Guan He ou Yokoe)横江30514.780Río Jisha
---Río Niulan (ou Kraal)牛栏江46113.787Río Jisha
---Río Pudu普渡河294Río Jisha
---Río Yalong雅砻江1.323128.444Río JishaYunnan
---Río Xianshui鲜水河680Río YalongSichuan
---Río Anning安寧河32011.000Río Yalong
---Río Tongtian通天河813138.000Río Jisha
---Río Qumar (o Qu Mar o Chumar)玛尔52720.800Río Tongtian
---Río Tuotuo沱沱河375Río Tongtian
---Río Danqu当 曲35230.220Río Tongtian
I-Río Min岷江735140.000Río JishaSichuan
---Río Dadu大渡河1.15592.000Río Min
---Río Qingyi28412.897Río Dadu
Curso Superior-DRío NanguangYangtsé
-DRío ChangningYangtsé
-DRío YongningYangtsé
I-Río Tuo沱江65527 500Yangtsé (en Luzhou)Sichuan
-DRío Chishui43620.400430Yangtsé
-DRío ShangxiYangtsé
-DRío QijiangYangtsé
I-Río Jialing嘉陵江1.119230.000YangtséChongqing
---Río Fu涪江70036.400572Río Jialing
---Río Qu渠江72039.200663Río Jialing
---Río Bailong白龙江57631.800Río JialingGansu
Sichuan
---Río Baishui白水Río Jialing
-DRío Wu (xunto co Sancha e o Yachi)乌江1.15080.300YangtséGuizhou
Chongqing
I-Río PengxiYangtsé
I-Río TangxiYangtsé
I-Río MeixiYangtsé
I-Río ShennongxiYangtsé
I-Río Longmen XiaYangtsé
I-Río ShennongxiRío YangtséHubei
I-Río Huangbo (ou Huangbai)Yangtsé
I-Río Qingjiang沱江42316.700Yangtsé
Curso Medio-DLago Dongting162.225Yangtsé
---Río Li (ou Lishui)澧水38818.500Lago DongtingHunan
---Río Yuan (inclúe ao Qingshui) (ou Yuanjiang)沅江1.03389 163Lago Dongting
---Río You (ou Youshui)酉水)47718.350Río Yuan
---Río Wu巫水168Río Yuan
---Río Zi (Zijiang)资江65328.100Lago Dongting
---Río Miluo汨罗江400Lago Dongting
---Río Xiang湘江85696.400Lago DongtingGuangxi
Hunan
---Río Xiao瀟水35412.099Río Xiang
---Río Liuyang2344.665Río Xiang
---Río Lian涟水2327.150Río Xiang
---Río Mi洣水29610.305Río Xiang
---Río Zheng蒸水Río Xiang
---Río Lei耒水43911.905Río Xiang
I-Río DongjingRío Yangtsé
I-Río HuangsiRío Yangtsé
I-Río Han (Hànshǔi)汉江 - 汉水1.532176.0001.200Río YangtséShaanxi
Hubei
---Río Dan丹江44316.810Río HanShaanxi
---Río Tangbai唐白河24.215Río Han
I-Río Fushui富水196YangtséHubei
Curso inferior-DLago PoyangYangtséJiangxi
---Río Xiushui35714.793Lago Poyang
---Río Gan (ou Ganjiang)赣江99181.600Lago PoyangJiangxi
---Río HeshuiRío Gan
---Río Zhang章江466Río Gan
---Río Gong貢水27826.589Río Gan
---Río Meihe梅河Río Gong
---Río Xiang湘水Río Gong
---Río Xiu修水35714.793483Lago PoyangJiangxi
---Río Fu (ou Fuhe)抚河31215.800483Lago PoyangJiangxi
---Río Shun信江36017.600Lago PoyangJiangxi
---Río XinjiangLago Poyang
---Río Raohe4015.000Lago Poyang
---Río Changjiang2677.036181Río Raohe
---Río Le'an2798.456489Río Raohe
I-Río Huai He-lagos Shaobohu-Gaoyou-Hongze1.100174.000Yangtsé
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads