Hunerico

From Wikipedia, the free encyclopedia

Hunerico
Remove ads

Hunerico (antes de 43023 de decembro de 484), rei de vándalos e alanos entre 477 e 484, fillo e sucesor de Xenserico.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Aínda príncipe, casou por primeira vez (antes de 451) cunha princesa visigoda, filla do rei Teodorico, que será pouco despois devolta á Galia co nariz cortado e o rostro salvaxemente mutilado.[1] En 455, ou pouco despois, desposa pola forza a Eudocia, filla do emperador Valentiniano III,[2] que fora levada como refén a Cartago e mantida durante sete anos como prisioneira de Xenserico, á que repudiará no ano 472. Desta unión nacerá o futuro rei Hilderico.

En xaneiro de 477, Xenserico morreu octoxenario logo dun reinado de medio século. Tan pronto como Hunerico accedeu ao trono, fixo asasinar ou executar a dous dos seus irmáns aínda vivos, Teuderico e Teoderico, así como ás súas esposas e fillos.

Malia profesar o arianismo, ao comezo do seu reinado mostrouse tolerante cos católicos, perseguindo en cambio aos seguidores do maniqueísmo que se instalaron con puxanza no norte de África. A requirimento do emperador Zenón chega a permitir en 481 a elección dun novo bispo católico de Cartago, vinte e catro anos logo da supresión do bispado por Xenserico. En 483, con todo, prohibe novamente a sede católica de Cartago e desterra ao bispo Uxío ao sur de Tunisia. A súa política relixiosa foi contraditoria, ata o punto de que, tras permitir o 1 de febreiro de 484 un encontro entre bispos arianos e católicos, o 24 de febreiro do mesmo ano promulga un edicto polo que se declara a estes últimos herexes en caso de non abrazaren a doutrina ariana. Numerosos clérigos parten ao exilio, mentres que outros son confinados no sur do seu reino, torturados ou mortos na fogueira.

No relativo á política exterior, logrou manter o control vándalo sobre as illas do Mediterráneo Occidental, fortalecendo a súa armada. No interior de África, en cambio, os bérberes iniciaron as súas conquistas en territorio alxeriano, creando aos vándalos grandes problemas loxísticos por mor dos continuos ataques que obstaculizaban a comunicación entre os seus asentamentos de Cartago e Tánxer.

Alcanzado pola peste a finais do ano 484 (un castigo divino, segundo os católicos), morreu o 23 de decembro do mesmo ano, sendo sucedido polo seu sobriño Guntamundo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads