Hunimundo
Líder suevo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Hunimundo (395-?) foi un líder dos suevos descrito indistintamente por Xordanes como dux ou rex.[1]
Traxectoria
Rebelión contra os hunos e independencia
Hunimundo loitou con Ardarico contra os hunos na batalla de Nedao en 454. Posteriormente, Hunimundo fundou un pequeno reino de curta duración na antiga zona de asentamento dos marcomanos e cuados.[2]
Primeira guerra contra os ostrogodos
En 469, Hunimundo e os seus aliados esciros loitaron contra os ostrogodos de Valamiro e Teodomiro na batalla de Bolia. Os ostrogodos gañaron e tomaron o control do territorio dos esciros e cuados.
Bandidaxe
Hunimundo fuxiu ás montañas Harz, onde liderou unha pequena banda. «Hunimundo,[3][4] acompañado duns cantos bárbaros, atacou a cidade de Batavia, tal e como o santo prognosticara, e, mentres case todos os habitantes se dedicaban á colleita, mataron a corenta homes da cidade que quedaran a garda».[5]
Hunimundo dirixiu un grupo de asaltos suevos que roubou rabaños de gando gótico de Dalmacia, de camiño á casa, preto do lago Balaton, foron atacados durante a noite polos homes de Teodomiro. Hunimundo e outros rendéronse e foron feitos prisioneiros. Ao parecer Teodomiro adoptou a Hunimundo como fillo e liberouno a el e aos seus homes.
Traizón e segunda guerra contra os ostrogodos
Esquecendo o deber co seu "pai", Hunimundo e os seus esciros volveron á guerra contra os godos; Valamiro atacounos e morreu ao caer do seu cabalo. Con outro rex escirio, un tal Alarico descoñecido,[6] uniuse aos sármatas e outras tribos para invadir Pannonia, onde foron derrotados por Teodomiro nunha sanguenta batalla.[1]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads