Zifio caldeirón

From Wikipedia, the free encyclopedia

Zifio caldeirón
Remove ads

O zifio caldeirón, Hyperoodon ampullatus,[1] ou tamén cifio caldeirón,[2] é unha das dúas especies de cetáceos odontocetos do xénero Hyperoodon da familia dos zifíidos.

Datos rápidos Características, Conservación ...

A especie foi definida en 1770 por Johann Reinhold Forster como Balaena rostrata e, posteriormente, en 1804 refefinida e reclasificada no xénero Hyperoodon por Lacépède, que a denominou Hyperoodon butskopf; pero, debido á regra da antigüidade, dada a primacía da súa descrición por Forster, o nome científico válido na actualidade é Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770).[3]

Remove ads

Careacterísticas e bioloxía

Os machos alcanzan un tamaño de até 9 m de lonxitude, e un peso dunhas 10 t. As femias son menores (de 7 a 8,5 m de lonxitude).

A xestación dura 12 meses. A súa lonxevidade é de 37 anos por termo medio.

Comportamento

É capaz de mergullarse entre 14 e 70 min sen respirar. As súas inmersións son profundas, pero probabelmente non percorre longas distancias durante ese tempo.[4]

Ambos os sexos teñen dous pequenos dentes na mandíbula.[4][5]

Distribución

Encóntrase en augas do océano Atlántico Norte e o océano Ártico, entre Islandia, o suroeste de Svalbard e as costas do norte de Europa, chegando até Nova Escocia (Canadá), e como límite sur as illas Azores. Nas súas migracións nadancara ao norte durante a primavera e cara ao sur no outono.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads