Ian Stewart, Barón Stewartby

político e numismático británico From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Bernard Harold Ian Halley Stewart, Baron Stewartby, coñecido tamén como Lord Stewartby, nado o 10 de agosto de 1935 e finado o 3 de marzo de 2018, foi un político membro do Partido Conservador e un numismático británico. Foi membro do Parlamento desde 1974 a 1992, e da Cámara dos Lords entre 1992 e 2015.[1][2][3][4]

Para outras persoas tamén chamadas Ian Stewart, véxase a páxina de homónimos Ian Stewart
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Primeiros anos

Stewart era fillo do profesor Harold Charles Stewart FRSE e de Dorothy Irene Lowen, e tomou o seu primeiro nome do seu avó, Bernard Halley Stewart. [1]

Cursou o ensino secundario no Haileybury College e posteriormente graduouse no Jesus College, da Universidade de Cambridge, onde se graduou en estudos clásicos e despois fixo un mestrado de artes. En 1994 acadou o recoñecemento como membro honorario dese colexio universitario.[1][5]

Carreira política

Stewart foi membro do Parlamento polo distrito electoral de Hitchin desde febreiro de 1974 ata 1983, e polo de North Hertfordshire desde 1983 ata que abandonou esta cámara en 1992. Nese período exerceu os cargos como viceministro de Defensa, secretario económico do Tesouro e Ministro das Forzas Armadas.[1]

Logo de abandonar a Cámara dos Comúns, ingresou na Cámara dos Lords, tomando o título de Barón Stewartby, de Portmoak, no distrito de Perth e Kinross, o día 20 de xullo de 1992.[6] Permaneceu na Cámara dos Lords ata o seu retiro o 12 de novembro de 2015.[1][7]

Relevancia na numismática

O interese de Stewartby na moeda escocesa comezou xa na súa etapa escolar. Comezou a confeccionar unha colección de moeda escocesa mais, consciente da ausencia dunha obra completa de referencia acerca deste tema (exceptuando a xa desfasada Coinage of Scotland, publicada por Edward Burns en 1887), decidiuse a elaborala el mesmo. O resultado foi The Scottish Coinage, publicada pola editora Spink and Son en 1955.[2]

Ese interese pola numismática foi o que levou a Academia Británica a elixilo como un dos seus membros en 1981, recoñecendo as súas contribucións á numismática británica. As súas áreas de interese, ademais da moeda escocesa, foron a moeda anglosaxoa e as emisións baixomedievais inglesas. As súas publicacións acerca destes temas convertéronse de camiño en obras de referencia, aínda que Stewar non chegou a ocupar, ao longo da súa carreira, ningún posto académico.[2]

En xullo de 2007, Stewartby sufriu o roubo da súa colección de moedas escocesas, con exemplares que databan desde o século XII e que tiñan un valor estimado de 500.000 libras. Malia ofrecerse unha recompensa de 50.000 libras, as moedas non foron recuperadas.[2][8][9][10]

Vida familiar

Casou con Debora Charlotte Buchan o 8 de outubro de 1966, e xuntos tiveron dúas fillas e un fillo.[1]

Remove ads

Recoñecementos

Remove ads

Publicacións

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads