Isabel II de España

raíña de España (1833-1868) From Wikipedia, the free encyclopedia

Isabel II de España
Remove ads

María Isabel Luisa de Borbón y Borbón-Dos Sicilias,[1] ou Isabel II de España, nada o 10 de outubro de 1830 en Madrid e finada o 9 de abril de 1904 en París, foi raíña de España dende 1833 até o seu destronamento en 1868.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Isabel II de España era filla do rei Fernando VII e da súa cuarta dona, a súa sobriña María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias. Isabel chegou ao trono o 29 de setembro de 1833, despois da morte do seu pai, cando tiña tres anos de idade. O nacemento de Isabel e a chegada ao trono supuxeron o inicio dun longo conflito na familia, pois o seu tío, Carlos María Isidro de Borbón, até entón herdeiro da coroa, non aceptou que Isabel fose nomeada Princesa de Asturias e máis tarde Raíña.

Nos primeiros anos de reinado, cando Isabel era nena, a súa nai asumiu o trono até 1840. Neste período tivo lugar a primeira guerra carlista (1833 - 1840). Dende 1840 até 1843 foi rexente o xeneral Espartero, que finalmente foi obrigado a deixar a rexencia.

Aos trece anos, Isabel foi declarada maior de idade, e cando cumpriu os 16 anos, o goberno concertou o seu matrimonio co seu primo infante Francisco de Asís de Borbón.

Segundo Benito Pérez Galdós, Isabel odiaba o seu marido, que segundo dicían era bisexual ou homosexual. A raíña dixo o seguinte na súa noite de vodas: "¿Que le diré de un hombre que llevaba en su camisón encajes como yo?". É moi posible que Isabel non tivese ningún fillo con Francisco, senón cos seus diversos amantes, entre eles Enrique Puig Moltó, quen moitos ven como pai de Afonso XII.

Isabel tivo outros fillos como Isabel de Borbón e Borbón, coñecida como "La Chata", e a infanta Eulalia, moi criticada polas súas accións subidas de ton.

Isabel, denominada A raíña dos tristes destinos marchou a Francia en 1868, tralo triunfo da revolución coñecida como A Gloriosa, e en Francia deixou o trono para dar paso ao seu fillo Afonso XII.

Isabel viviu até a súa morte en Francia, onde foi testemuña da Primeira República Española e do reinado e a morte do seu fillo Afonso. Foi soterrada no Mosteiro do Escorial xunto co seu marido en 1904.

Remove ads

Reinado

Isabel II reinou durante un período de transición en España. Na etapa na que reinou, moitas colonias españolas de Latinoamérica conseguiron a independencia. Moitas veces os políticos manipulábana, xa que interfería na política da nación.

Thumb
Isabel II nunha moeda de 1864. Gravador: Marchionni.

Modernizou notablemente o país coa construción de liñas de ferrocarril, a apertura de universidades pechadas polo seu pai etc.

A política exterior foi frutífera durante a Unión Liberal (1858 - 1863), coa anexión de territorios de Marrocos, o recoñecemento da posesión de Guinea Ecuatorial, a conquista de Saigón, o mantemento en Cuba, Filipinas, as Carolinas, as Marianas etc.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads