Isaiah Thomas
baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Isaiah Jamar Thomas, nado o 7 de febreiro de 1989 en Tacoma, Washington, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Remove ads
Instituto
Thomas foi ao Curtis Senior High School en University Place, Washington, e despois ao Kent High School en Kent, Connecticut, onde repetiu un curso debido a deficiencias académicas. Graduouse en Kent no ano 2008. En Curtis, Thomas fixo 31.2 puntos por partido coma júnior.[1]
Traxectoria profesional
NBA
O 23 de xuño de 2011, Thomas foi elixido na 60ª e derradeira posición do Draft da NBA de 2011 polos Sacramento Kings. O 19 de febreiro de 2012, Thomas fixo o seu primeiro dobre-dobre con 23 puntos e 11 asistencias contra os Cleveland Cavaliers.
O 1 de marzo de 2012, Thomas foi nomeado Rookie do Mes de febreiro da Conferencia Oeste, tras facer 12.2 puntos e 4.4 asistencias por partido.[2]
O 12 de xullo de 2014, Thomas foi traspasado ós Phoenix Suns nun acordo que tamén mandou os dereitos de Alex Oriakhi ós Kings.[3]
O 19 de febreiro de 2015, Thomas foi traspasado ós Boston Celtics, a cambio de Marcus Thornton e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016.[4]
O 22 de agosto de 2017, Thomas foi traspasado xunto a Jae Crowder, Ante Žižić e a elección da primeira rolda desprotexida do Draft de 2018 dos Brooklyn Nets ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Kyrie Irving.[5]
O 8 de febreiro de 2018, Thomas foi traspasado xunto a Channing Frye e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Los Angeles Lakers a cambio de Jordan Clarkson e Larry Nance, Jr..[6]
O 16 de xullo de 2018, Thomas asinou un contrato dun ano cos Denver Nuggets.[7] Debutou cos Nuggets o 13 de febreiro de 2019, na vitoria dos Nuggets por 120-118 contra os Sacramento Kings.[8]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads