Issam Alnagm Azzam
médico e político galego de orixe siria From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Issam Alnagm Azzam, nado en Dweri na provincia de Sweda (Siria) o 25 de xullo de 1948. É un médico xubilado e que foi alcalde de Muras en Lugo en 1991 polo PPdeG Foi moi sonada a súa oposición á guerra de Irak sendo unha das voces máis críticas do partido na etapa de Aznar.
Como alcalde destacou por iniciativas moi peculiares como á de incentivar a natalidade e o censo no municipio a través de axudas económicas e facilidades para establecerse no concello.[1] e aprender galego.[2]
Remove ads
Traxectoria
A súa traxectoria política empezou aos 16 anos en Siria, onde xa militaba nun partido. Chegou a España en 1968 para estudar Medicina. Matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela e casou cunha compañeira de estudos. Chegou a Muras en 1989 como médico do Centro de Saúde. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 en Muras encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, maioría que perdeu nas eleccións municipais de 2015. En 2016 foi acusado e condenado por inxurias ao alcalde do BNG Manuel Requeijo ao que acusou de quedar con cartos que eran para os xitanos.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads