Jaime Cantizano

presentador de televisión español From Wikipedia, the free encyclopedia

Jaime Cantizano
Remove ads

Jaime Cantizano Camacho,[1] nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 22 de xullo de 1973, é un presentador de televisión español.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Inicia a súa traxectoria profesional no mundo da radio e con tan só 17 anos presenta Los 40 Principales na súa cidade e tamén anuncios publicitarios; de aí pasa á emisión rexional da Cadena SER e posteriormente a Onda Cero Radio.[2] Simultaneamente coa súa actividade radiofónica tamén colabora en El Correo de Andalucía.

En 2001 dá o salto á televisión, incorporándose á cadea local Localia Televisión (Grupo PRISA), presentando un programa matinal xunto a Concha Galán en 2002, ano en que por primeira vez aparece nunha cadea de ámbito nacional. Seguidamente é fichado por Antena 3 e empeza a colaborar coa xornalista Ana Rosa Quintana no seu magacín Sabor a ti.[3]

O seu rostro faise rapidamente popular entre os teleespectadores e tan só un ano despois a cadea ofrécelle a presentación dunha das súas novas apostas para o prime time, o programa de prensa rosa ¿Dónde estás corazón?.[4] O espazo emítese dende xullo de 2003 ata setembro de 2011, sempre con Cantizano á fronte, e malia ser cuestionado en repetidas ocasións polo estilo xornalístico especialmente agresivo cos convidados que se empregou no programa, contou tamén cunha audiencia moi fiel que o situou entre os programas de televisión con maior seguimento en España, convertendo ao seu presentador nun dos rostros máis coñecidos do panorama audiovisual español.

Posteriormente, no verán de 2006, substitúe a Silvia Jato no concurso Pasapalabra[5] e entrega o maior premio da historia da televisión española, 2 190 000 euros. Dende setembro de 2006 a xuño de 2007 presenta, sempre en Antena 3, o magacín diario En Antena que a partir de setembro de 2007 é substituído por A3Bandas, espazo no que Cantizano está acompañado por María Patiño e Dani Martínez na presentación e que finalmente é retirado en 2008.[6][7]

En marzo de 2008 estrea 'Tres desexos' ' que xira en torno a tres persoas, familias ou colectivos para os que se fará realidade un sono, resolvendo, na maioría dos casos, problemas ou carencias. Acompáñano na presentación Aitor Trigos e Eva González.[8]

En febreiro de 2010 Jaime estrea un programa de debate de crónica social chamado Informe 3 emitido na franxa de late night pero que rapidamente pasa ao luns por decisión da cadea.[9]

Tras 8 anos de emisión do programa DEC, a cadea decidiu retiralo por moderados datos de audiencia que foi sufrindo pouco a pouco. Así, remata o 23 de setembro de 2011, cun especial no que María del Monte entrevista a Jaime.[10]

En xullo de 2012 regresou á pequena pantalla conducindo o concurso musical Dando la nota.[11] En outubro dese mesmo ano prestouse como cara visible para a campaña solidaria 'Un nombre, Una Vida patrocinada pola Fundación Antena 3 para o recoñecemento gobernamental dos dereitos da infancia de miles de nenos en Madagascar.[12]

O 24 de outubro de 2012 comunicou que non renovou o seu contrato co Grupo Antena 3, dando fin á súa traxectoria nesta cadea na que estivera durante máis de dez anos.

Dende setembro de 2013 é locutor presentador do exitoso programa Atrévete de Cadea Dial.

En xaneiro de 2014 dáse a coñecer que Jaime Cantizano volve á televisión na cadea La 1, co programa ¡Mira quién baila!, en substitución da presentadora Anne Igartiburu.[13]

En publicidade realizou campañas promocionais para Gallina Blanca, tendas BEDS ou Salerm Cosmetics.[14][15]

Remove ads

Televisión

  • ¡Mira quién baila! (2014 - presente), en La 1.
  • Dando la nota (2012), en Antena 3.
  • Informe 3 (2010 - 2011), en Antena 3.
  • Tres deseos (2008), en Antena 3.
  • A3Bandas (2007 - 2008), en Antena 3.
  • En Antena (2006 - 2007), en Antena 3.
  • Pasapalabra (2006), en Antena 3.
  • Diario de una boda (2004), en Antena 3.
  • DEC (2003 - 2011), en Antena 3.
  • Sabor a ti (2002), en Antena 3.
  • Cada mañana (2001), en Localia.
  • Localia noticias (2000), en Localia.
Remove ads

Radio

Premios e recoñecementos

2009
  • Nomeamento aos Premios Shangay ao Mellor comunicador de corazón.[16]
2010
  • Premio Gente con Punto na categoría de Comunicación con punto.[17]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads