Quinase Xano 2

From Wikipedia, the free encyclopedia

Quinase Xano 2
Remove ads

A quinase Xano 2 (abreviada comunmente como JAK2, do inglés Janus kinase 2) é unha tirosina quinase non receptora. É un membro da familia da quinase Xano, nome que lle foi dado polo deus latino Xano, pola dualidade de funcións dos seus dominios, análoga á dese deus de dúas caras. Foi implicada na sinalización por membros da familia do receptor de citocina de tipo II (por exemplo, receptores de interferón), da familia do receptor de GM-CSF (IL-3R, IL-5R e GM-CSF-R), da familia do receptor de gp130 (por exemplo, IL-6R), e dos receptores de cadea simple (por exemplo, Epo-R, Tpo-R, GH-R, PRL-R).[1][2]

Datos rápidos JAK2, Estruturas dispoñibles ...

A característica distintiva entre a quinase Xano 2 e outras quinases JAK é a falta de dominios de unión de homoloxía Src (SH2/SH3) e a presenza de ata sete dominios de homoloxía JAK (JH1-JH7). Non obstante, os dominios JH terminais manteñen un alto nivel de homoloxía con dominios de tirosina quinases. Unha nota interesante é que só un deses dominios JH carboxilo terminais manteñen a función plena de quinase (o JH1), mentres que o outro (o JH2), que antes se pensaba que non tiña funcionalidade de quinase e, en consecuencia, foi nomeado dominio pseudoquinase, atopouse despois que era tamén cataliticamente activo, pero só a un 10% do nivel do dominio JH1.[3][4]

A perda de Jak2 é letal para os ratos de 12 días embrionarios.[5]

Os ortólogos de JAK2[6] foron identificados en todos os mamíferos dos cales se dispón de datos xenómicos completos.

Remove ads

Importancia clínica

Observáronse fusións do xene JAK2 con TEL(ETV6) (TEL-JAK2) e xenes PCM1 en pacientes de leucemia, especialmente nas formas con eosinofilia clonal desa doenza.[7][8][9]

As mutacións en JAK2 foron implicadas na policitemia vera, na trombocitocitemia esencial e na mielofibrose, así como noutros trastornos mieloproliferativos.[10] Esta mutación (V617F), que é un cambio de valina a fenilalanina na posición 617, parece facer que as células hematopoéticas sexan máis sensibles a factores de crecemento, como a eritropoetina e a trombopoetina, porque os receptores para estes factores de crecemento requiren JAK2 para a transdución de sinais. Atopouse que un inhibidor de JAK2-STAT5, o AZD1480, tiña actividade en certos cancros de próstata.[11] A mutación en Jak2, cando é demostrable, é un dos métodos de diagnose da policitemia vera.[12]

Remove ads

Interaccións

A quinase Xano 2 presenta interaccións con:

A prolactina envía sinais a través de JAK2 de modo dependente de STAT5, e de factores de transdución RUSH.[56]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads