Javi Martínez
futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Javier Martínez Aginaga, nado o 2 de setembro de 1988 en Estella (Navarra), é un futbolista español. Xoga de defensa ou centrocampista e o seu actual equipo é o Qatar Sports Club
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tamén xogou na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]
Destaca polo seu poderoso físico, que lle permite realizar con eficacia a presión e roubo de balón, senón tamén incorporarse ao ataque desde a segunda liña.[2]
Remove ads
Traxectoria
Inicios
Comezou xogando ao fútbol con cinco anos, en Logroño, localidade natal do seu pai, cando se apuntou ás categorías infantís do equipo rioxano CD Berceo, onde estivo dúas tempadas. Despois pasou ás categorías inferiores do CD Logroñés onde estivo outras dúas tempadas, antes de incorporarse ao CD Arenas da súa localidade, Aiegi, por motivos de comodidade.[3]
Xogou despois no Club Deportivo Izarra antes de comezar como futbolista profesional na canteira de Osasuna. Na 2005-06, o adestrador Cuco Ziganda, o seu principal valedor, subiulle ao Osasuna Promesas, converténdose así no xogador mais novo da Segunda División B.
No verán de 2006, o Athletic Club fíchao pagando a súa cláusula de rescisión de 6 millóns de euros, unha cifra bastante alta tendo en conta a mocidade do xogador e a inexperiencia en Primeira División. Foi recomendado polo propio Ziganda, baseándose en que vía nel unha aposta de futuro e unha promesa futbolística.
Athletic
Na súa primeira tempada en Primeira División xogou 35 partidos e anotou 3 goles. A pesar de debutar á temperá idade de 17 anos, Javi Martínez foi unha das poucas noticias agradables do Athletic durante a tempada 2006-07, converténdose nunha peza básica no centro do campo, onde demostrou unha gran madurez e un elevado nivel de adaptación, xa que chegou a xogar ata con 4 compañeiros distintos (Ander Murillo, Andoni Iraola, Pablo Orbaiz e Ustaritz Aldekoaotalora) debido á praga de lesións que arrasou ao club nese momento.
Na súa segunda tempada, coa chegada do adestrador Joaquín Caparrós e os reforzos de Gorka Iraizoz, Aitor Ocio, Iñaki Muñoz, David Cuéllar e David López, ademais da irrupción de Markel Susaeta desde o Bilbao Athletic, Javi Martínez explotou como futbolista.
Bayern München
Remove ads
Selección nacional
Foi internacional nas Categorías inferiores da selección de fútbol de España. Foi campión de Europa sub19 no ano 2007, e foi capitán da selección española sub-21, coa que foi campión da Eurocopa en 2011.
Foi incluído na lista dos 30 preseleccionados para representar a España no Mundial de Suráfrica de 2010, e posteriormente confirmado entre os 23 xogadores definitivos.[4] Xogou por primeira vez o 29 de maio de 2010 durante 15 minutos no partido amigable contra Arabia Saudita substituíndo a Xavi.
O seu debut no Mundial de Suráfrica 2010 produciuse o día 25 de xuño de 2010, no último partido da fase de grupos que enfronto acEspaña contra Chile e no que o conxunto de Del Bosque xogábase o pase a oitavos de final. Javi entrou no minuto 72 substituíndo a Xabi Alonso. España gañou por 2 goles a 1 e pasou como primeira de grupo aos oitavos de final. Finalmente, tras derrotar a Portugal, Paraguai e Alemaña, coroouse campión do mundo xunto á selección española de fútbol vencendo a Holanda na final por 0-1.
Participacións en Copas do Mundo
Lista de partidos como internacional
nº | Data | Lugar | Evento | Local | Resultado | Visitante | Goles |
1 | 29 de maio de 2010 | Tivoli Neu, Innsbruck | Amigable | ![]() | 3-2 | ![]() | |
2 | 3 de xuño de 2010 | Tivoli Neu, Innsbruck | Amigable | ![]() | 1-0 | ![]() | |
3 | 25 de xuño de 2010 | Loftus Versfeld, Pretoria | Mundial 2010 | ![]() | 2-1 | ![]() | |
4 | 29 de marzo de 2011 | Estadio S. Darius y S. Girėnas, Kaunas | Eurocopa 2012 - Fase de clasificación | ![]() | 1-3 | ![]() |
Remove ads
Estatísticas
- Actualizado a 24 de maio de 2011.
Palmarés
Campionatos nacionais
Campionatos internacionais
Distincións individuais
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads