Selección de fútbol de España
Equipo representativo de España en competicións futbolísticas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA.
A selección española participou en 16 das 22 edicións da Copa do Mundo e é unha das oito seleccións campioas do torneo, grazas ao seu triunfo na edición de 2010 celebrada en Suráfrica. A nivel continental, é a selección con máis títulos da Eurocopa, competición que gañou en catro ocasións (1964, 2008, 2012 e 2024).
Os éxitos conseguidos entre o 2008 e o 2012 e o nivel de xogo amosado polo combinado español, levou a que moitos expertos e analistas consideren a selección dese período como un dos mellores equipos da historia do fútbol.[2][3][4][5] Durante esa época, España converteuse na primeira selección nacional en gañar tres títulos consecutivos e a única en conquistar dúas Eurocopas seguidas, así como no primeiro equipo europeo en proclamarse campión do mundo fóra de Europa. Entre 2007 e 2009 España encadeou 35 partidos sen perder, igualando o récord mundial que naquel momento ostentaba a selección brasileira.
Remove ads
Historia
Destacou por primeira vez na edición de 1964, celebrada en España, onde se proclamou campioa como local ao derrotar na final á Unión Soviética por 2-1. Na Eurocopa de 1984, celebrada en Francia, alcanzou o subcampionato, perdendo a final por 2-0 ante o país anfitrión. Na Eurocopa 2008, España logrou o segundo título gañando na final ante Alemaña por 1-0. Esta vitoria en 2008 supúxolle encabezar por vez primeira a clasificación mundial da FIFA, sendo o sexto equipo que lograba liderar devandito ranking, e o primeiro que non gañara ningunha Copa do Mundo en facelo.[6][7] En 2012 converteuse na única selección de fútbol en gañar dúas Eurocopas consecutivas, despois de vencer a Italia por 4-0, a máxima goleada nunha final desta competición, con goles de David Silva, Jordi Alba, Fernando Torres e Juan Mata. Con esta vitoria converteuse tamén na primeira selección nacional que consegue o triplete, con Eurocopa (2008), Mundial (2010) e Eurocopa (2012) consecutivos.
O seu maior éxito nuns Xogos Olímpicos foi en 1992, en Barcelona, cando gañou a medalla de ouro ao derrotar a Polonia por 3 a 2 na final disputada no Estadio do Camp Nou de Barcelona. Nos Xogos Olímpicos de 2000, en Sidney, logrou a medalla de prata ao chegar á final, que perdeu ante o Camerún. Tamén conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres. Noutras categorías, España conseguiu gañar a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 en 1999 xogado en Nixeria, ao derrotar por 4-0 ao Xapón.
Remove ads
Alcumes
O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o saqueo de Anveres, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja».[8][9][10]
Resultados
Copa do Mundo
Eurocopa
Copa Confederacións
Xogos Olímpicos
Remove ads
Encontros
Encontros históricos
Última convocatoria
Os seguintes futbolistas foron convocados para disputar os partidos da Liga de Nacións 2022-23 fronte á Suíza e a Portugal os días 24 e 27 de setembro de 2022:
Remove ads
Xogadores
Máis participacións
Ata o 27 de marzo de 2018, os xogadores con 50 ou máis participacións coa selección son:
- En letra grosa, os xogadores en activo.
Máximos goleadores

Ata o 27 de marzo de 2018, os xogadores con 10 ou máis goles coa selección española son:
- En letra grosa, os xogadores en activo.
Gañadores da Bota de Ouro de torneos oficiais
- Eurocopa 1964: Jesús Pereda con 2 goles
- Eurocopa 2008: David Villa con 4 goles
- Eurocopa 2012: Fernando Torres - 3 goles
Gañadores do Mundial 2010
Lista de xogadores convocados para o Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, no que España se proclamou campioa do mundo.
Tamén participaron na fase de clasificación: Iraola, Juanito, Monreal, Capel, Cazorla, Riera, Senna, Bojan, Güiza e Negredo.
Remove ads
Seleccionadores

Actualizado o 11 de xuño de 2017.
Remove ads
Palmarés


Selección absoluta
- Copa do Mundo de Fútbol (1): 2010
- Eurocopa (4): 1964, 2008, 2012, 2024
- Subcampión da Eurocopa (1): 1984
- Liga das Nacións da UEFA (1): 2022/23.
- Xogos Olímpicos
- Medalla de prata (1): 1920
Selección Sub-21
- Artigo principal: Selección de fútbol sub-21 de España.
- Eurocopa Sub-21 (3): 1986, 1998, 2011
- Subcampión da Eurocopa Sub-21 (3): 1969, 1984, 1996
- Xogos Olímpicos
- Medalla de ouro (1): 1992
- Medalla de prata (1): 2000
Selección Sub-20
- Copa do Mundo de Fútbol Sub-20 (1): 1999
- Subcampión da Copa do Mundo de Fútbol Sub-20 (2): 1985, 2003
- Xogos Mediterráneos (2): 2005, 2009
Selección Sub-19
- Artigo principal: Selección de fútbol sub-19 de España.
- Campionato Europeo da UEFA Sub-19 (9): 1952, 1954, 1995, 2002, 2004, 2006, 2007, 2011, 2012
- Subcampión do Campionato Europeo da UEFA Sub-19 (4): 1957, 1964, 1996, 2010
Selección Sub-17
- Subcampión da Copa do Mundo de Fútbol Sub-17 (3): 1991, 2003, 2007
- Campionato Europeo Sub-17 da UEFA (2): 2007, 2008
- Subcampión do Campionato Europeo Sub-17 da UEFA (3): 2003, 2004, 2010
- Meridian Cup (3): 1999, 2001, 2003
- Subcampión da Meridian Cup (2): 1997, 2005
Selección Sub-16
- Campionato Europeo Sub-16 da UEFA: (6): 1986, 1988, 1991, 1997, 1999, 2001
- Subcampión do Campionato Europeo Sub-16 da UEFA (2): 1992, 1995
Galardóns
- Equipo do Ano da FIFA (6): 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013[13]
- Premio Príncipe de Asturias dos Deportes (1): 2010[14]
- Premio Laureus ao Mellor Equipo do Mundo (1): 2011[15]
Remove ads
Uniforme e escudo

A selección española adoptou coma a súa cor o vermello dende os seus comezos en 1920 e, pese a que se modificou ao branco e ao azul polos motivos políticos que se vivían en España durante a guerra civil española, foi sempre a súa seña de identidade que incluso lle deu unha denominación pola que é coñecida, «La Roja».[16]
A cor foi elixida polo entón presidente do Comité Olímpico Español (COE), Gonzalo de Figueroa y Torres, Marqués de Villamejor, con motivo dos Xogos Olímpicos de 1920 a disputar en Anveres e conformaría, xunto a un león rampante en amarelo, as cores da bandeira española.[n 1] O motivo de elixir a figura no lugar dunja franxa —tal cal é a bandeira— foi moi meditado. Os xogos disputaríanse en Anveres, antiga provincia do Ducado de Brabante, no pasado posesión de España, do que se tomou a súa bandeira —un león amarelo sobre fondo negro—. Dita heráldica, presente tamén no escudo persoal do monarca Afonso XIII polo citado histórico Ducado dos Países Baixos dos Habsburgo, pertencentes á coroa española, sería a imaxe dos deportistas españois na cita olímpica. Completando o uniforme, levarían úns calzóns brancos e medias negras.[17]
O uniforme sufriu cambios significativos con motivo da guerra civil española. A situación do país, dividido entre o bando republicano e o bando sublevado, fai que se abandone a cor vermella por motivos políticos. España vestiu de cor branca na zona nacional, única zona que permitía entón no país enfrontamentos futbolísticos. Con el, xogou fronte á selección portuguesa en varios encontros, ademais de co escudo do xugo e as frechas do bando sublevado. Á finalización da Guerra Civil, na que resultaron victoriosos os sublevados, a camisola pasou a ser de cor azul, xa que o vermello era a cor que identificaba ao derrotado bando republicano. Así se mantivo ata que, en 1947, o Xeneral Moscardó, entón Delegado Nacional de Deportes, repuxo á selección a primixenia camiseta vermella que deixaría ao azul coma o uniforme de reserva. Ambas cores xa se manterían, salvo pequenas variacións, hata a actualidade. O escudo foi evolucionando polo mesmo motivo hata que, a partir de 1981, se tomou o escudo de España como heráldica.[18] Porén, a partir da Eurocopa de 1996, o escudo da camiseta da selección española quedou deseñado cun importante erro ao incluír o escusón da Casa Borbón francesa en lugar do da Casa de Borbón de España, diferenciados estes na cor da bordura.[19] Jaime Salazar, historiador especializado en heráldica, avisou á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) do erro en agosto de 2010 e, posteriormente, Adidas recoñecería o seu erro no deseño. En 2013, con motivo da disputa do Mundial ao ano seguinte, a RFEF cambiou o escudo e introduciu algúns retoques que correxían parte deses erros; púxose a flor de lis correcta, cambiouse a coroa da esquerda e modificouse a granada para que deixara de parecer un tulipán. Porén, outros erros coma as bases dos capiteis, as cadeas de Navarra e a coroa da columna dereita permaneceron na camiseta.[20] En marzo de 2021, a RFEF presentou un novo deseño do escudo da selección.[21]
Remove ads
Filmografía
- Documental TVE (1971), «Historia de la selección nacional de fútbol, “30 años de goles” (1940-1970)» en rtve.es
- Documental TVE (1986), «Historia de la selección nacional de fútbol, “De la posguerra al Mundial de 1962” (1940-1962)» en rtve.es
- Película-documental (2009), «El alma de La Roja (1920-2008)» en rtve.es
- Película-documental (2012), «¡Campeones! La Roja (2008-2012)» en mitele.es
- Documental TVE (2014), «De Naranjito a La Roja (1982-2014)» en rtve.es
Bibliografía
- Goldblatt, David (2008). The Ball Is Round: A Global History of Soccer (en inglés). Penguin. ISBN 1594482969.
- Martínez Calatrava, Vicente. Historia y estadística del fútbol español. ISBN 978-84-607-5701-6.
- Martialay, Félix. Todo sobre la selección española. ISBN 84-85977-99-8.
- Martialay, Félix. Todo sobre todas las selecciones. ISBN 84-935390-2-3.
- VV.AA (2008). Guía Marca de la Liga 09. Unidad Editorial. ISSN 1575-4707.
- Especial de Marca 100 partidos de la selección española
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads